InfraestruturasProposiciónServizos sociais

O PP defenderá no último pleno do mandato varias iniciativas para corrixir problemas xerados por Lara Méndez e Rubén Arroxo nestes catro anos

By 26 Abril, 2023Sin comentarios

Ramón Carballo explica que se presentan iniciativas para buscar solucións aos problemas ocasionados polo carril bici ou polas peonalizacións impostas polo goberno local, proxectos para os que non se buscou consenso cos veciños e que son rexeitados pola cidadanía

O último pleno do ano estará marcado polos numerosos erros cometidos polo goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo nos últimos catro anos, sempre protagonizados pola liorta interna entre PSOE e BNG e pola falta de consenso coa veciñanza de Lugo.

Ramón Carballo explica que a peonalización que quere desenvolver o goberno de Lara Méndez non conta nin co consenso nin co respaldo dos veciños, moi molestos pola distribución do tráfico que propón o goberno local, canalizando os vehículos pola Rúa Nova, unha vía peonil dende hai 24 anos.

Ante esta situación, os populares pedirán no pleno que se realice un estudo para buscar solucións ás molestias provocadas polas obras e un plan de tráfico alternativo para evitar situacións de risco para peóns e condutores ao distribuír o tráfico rodado pola Rúa Nova.

Outra obra realizada polo goberno de Lara Méndez, sen consenso cos veciños, é o carril bici que, nas últimas semanas tamén provocou friccións entre PSOE e BNG. Ramón Carballo recorda como Lara Méndez e Rubén Arroxo votaron a favor da construción desta infraestrutura (en xullo de 2020) polo que ambos son “responsables” dos problemas ocasionados por esta obra.

Os populares defenderán, como xa se fixo noutra ocasións, que se modifique o trazado do carril bici para solucionar todos os problemas de seguridade viaria xerados e para paliar a destrucción de prazas de aparcamento (máis de 300 so no barrio da Residencia) axudando así a facilitar a mobilidade.

 

Rehabilitación A Milagrosa

A rehabilitación da Milagrosa será outro dos temas que centrará a atención do pleno. Nas últimas campañas electorais, dende o PSOE sempre defenderon que a rehabilitación de edificios na Milagrosa era un dos seus principais obxectivos, pero nunca fixeron nada, polo que agora o volven a anunciar.

Ramón Carballo sinala que se defenderá que o Concello de Lugo instale no barrio da Milagrosa un punto de información para que os veciños poidan acudir a el e así informarse de como acceder aos fondos europeos que se solicitarán para realizar a rehabilitación das vivendas, así como charlas públicas para informar á veciñanza do camiño para acceder a estas axudas.

O voceiro popular sinala que tamén sería preciso ampliar estas axudas á rehabilitación ao resto de barrios de Lugo, así como financiar o 100% do custe da renovación das vivendas daquelas familias con escasos recursos.

 

Servizos sociais

Como xa se fixo en varias ocasións neste mandato, acadando incluso varios acordos plenarios como os de outubro de 2019 e outubro de 2020, o Grupo Municipal do PP pedirá que Lugo se una ao sistema VioGén, unha proposición que se rexistrou hai uns días e sobre a que Lara Méndez anunciou a dous días do pleno que Lugo iniciaba os trámites para unirse a este programa para a protección de vítimas de violencia de xénero.

Ramón Carballo sinala que a xestión do goberno local en canto aos servizos sociais “deixa moito que desexar” xa que ademais de non estar unidos ao VioGén, Lugo tampouco forma parta da Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, como tampouco se pagan en tempo e forma as axudas ao aluger (que acumulan atrasos de catro e cinco meses) e non se preocupan de que a empresa que xestiona o centro de día municipal Antonio Gandoy cumpra cos pregos de contratación, xa que non hai médico e a enfermeira que realiza servizos para o centro non o fai de forma presencial.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies