Medio Ambiente

O PP demanda o arranxo e a substitución dos colectores estropeados ou deteriorados

By 20 Abril, 2016Sin comentarios

A concelleira do Grupo Popular Ana López Pombo propón ao goberno local que esixa á concesionaria do servizo de recollida de lixo  que facilite aos lucenses “unha flota de colectores decente equiparable ao servizo de primeira polo que todos pagamos”.

O GMPP reclama ao goberno local un maior control do estado de conservación dos colectores de lixo que hai no casco urbano. A concelleira do PP Ana López Pombo afirmou que “si estamos pagando por un servizo de primeira os responsables municipais terían que velar para que a concesionaria do servizo de recollida de lixo cumpra coas súas obrigas e, a máis inmediata sería que a flota de colectores que hai estea en perfecto estado”.       

Ana López Pombo indicou que no Grupo Municipal do PP “se están recibindo numerosas queixas de veciños por fallos no sistema de pedal de apertura dalgunhas unidades”. A concelleira indicou que “as tapas dos contenedores non abren o sufiente polo que é complicado depositar os desperdicios no seu interior”. A edila citou como exemplos destas deficiencias os que hai en Ona de Echave, Salvador de Madariaga ou na rúa Cántigas e Frores, entre outros.

Ana López Pombo tamén  reclama que o goberno local revise o emprazamento da súa flota de colectores xa que hai unidades mal ubicadas “que poden dificultar a visibilidade dos conductores así como o tránsito dos peatóns”. Ese é o  caso do colector que hay na rúa Cidade de Vivero confluencia con Rúa Santiago onde o recipiente está ocupando parte da calzada. Outra petición dos populares é a substitución progresiva daqueles contenedores que se van rompendo co uso.

Outro aspecto no que inciden os populares é sobre a limpeza de colectores e o seu estado de conservación. López Pombo lembra que  “hai que ter en conta que a concesionaria debe velar para que se realice un lavado interior e desinfección dos colectores”. A popular citou como exemplo deste abandono os que hai na explanada de autocaravanas que hai nas costas do parque, xunto ao vello pavillón. A popular tamén reclamou un maior control dos recipientes que hai no entorno do Camiño Primitivo ou en zonas turísticas “na entrada desta ruta polo barrio da Chanca xusto os dous colectores de lixo que hai, na entrada e saída da ponte, presentan un estado de abandono ofrecendo unha moi mala imaxe aos que acceden á cidade por esta vía”. Un deles está fóra das proteccións que se colocaron para ocultalos e no outro caso as planchas están mal colocadas e os ocos onde tiña que haber frores están cheos de desperdicios.

A edila concluiu que os 2000 euros para contenedores que reservaron no orzamento de 2016  son insuficientes para reparar os danos que hai nos colectores da cidade polo que insta ao goberno municipal a non baixar o grado de esixencia coa concesionaria do servizo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies