Economía

O PP demostra que cunha mellor xestión municipal se evitaría o esforzo extra que se pide aos lucenses coa suba de impostos

By 2 Outubro, 2024Sin comentarios

MÉRCORES 2 DE OUTUBRO DE 2024

  • O Partido Popular de Lugo informou que hoxe comezou o prazo de 30 días naturais para presentar alegacións ás ordenanzas fiscais aprobadas por PSOE e BNG no pleno do pasado xoves, 26 de setembro, co voto en contra do Grupo do Partido Popular. O prazo para rexistralas remata o 13 de novembro.

  • A voceira do PP, Elena Candia, explicou que, o goberno local malia contar con máis ingresos pola participación nos tributos do Estado (2.512.265,39 €) e ter xestionado 51 millóns de euros de remanentes nos ultimos cinco anos, endebedouse e tivo que contratar un préstamo de 13,5 millóns de euros para investimentos.

Dar exemplo antes de cargar os esforzos aos de sempre

  • A alcaldesa xustificou que sube os impostos aos lucenses para dar mellores servizos pero “nin se compromete a xestionar mellor, nin aclara para que pide un esforzo de 4.5M€ aos lucenses, tampouco explica en que van a mellorar os servizos”.

  • A popular preguntase “se PSOE e BNG están dispostos a renunciar a gastos supérfluos e innecesarios, ou se van marcar outras prioridades e deixar de facer proxectos que non supoñen ningún valor engadido e que acaban converténdose nunha hipoteca para as arcas municipais”.

Voto en contra da suba de catro taxas

  • O Partido Popular votou en contra da suba de catro taxas que afectan directamente á veciñanza: plusvalía, saneamento e abastecemento, sumidoiros e o Imposto de Bens Inmobles (IBI).

  • Elena Candia afirmaba que o goberno local ten mecanismos para incrementar os ingresos municipais sen ter que cargar este esforzo á cidadanía.

  • Rexeitamos á suba do recibo da auga, xa que entendemos que non se tiña que repercutir a mala xestión do servizo nos petos dos lucenses. A popular explicou que “está demostrado que se restamos a auga que se trata e se verte na rede (9.8Mm3), coa que se consume e destina a baldeos (5.1 mM m3) nos atopamos con que 4.486.790 m3 de auga se perde en fugas ou consumos ocultos. A pesar de que esa auga non chega as billas dos domicilios e empresas, a veciñanza paga igual por ela 5.182.242,45 €. Este é un claro exemplo de mala xestión xa que se paga por un servizo que non funciona correctamente

  • Outro exemplo da falta de planificación é sacar diñeiro de servizos esenciais como o de abastecemento, que é moi deficiente, para destinalos a festas. (Adxúntase decreto no que o goberno local fixo aprobou unha unha modificación de crédito para RETIRAR 17.950 € deste servizo para cubrir gastos de videovixilancia durante o San Froilán).

  • A popular tamén xustifica o seu voto en contra á suba da plusvalía que cualificou de inxusto e gravoso e que prexudica aos pequenos aforradores e propietarios.

  • Con respecto ao Imposto de Bens Inmobles lembrou que Lugo ten o segundo IBI máis caro de Galicia logo de Vigo e esixiu “claridade respecto ao posible cambio no tipo de gravame do IBI para as fincas en áreas de expansión. “Estamos falando de terreos, que ata agora pagaban o IBI Rústico, e que poderían pasar a pagar o IBI Urbano, o que suporía unha suba significativa para os propietarios de máis de 15.000 metros cadrados de propiedades nas parroquias de Lugo.

  • Este cambio de situación das fincas vén motivada pola normativa que xustifica que o que os solos rústicos que están no PXOM en áreas de expansión pasarán a ser urbanos. (Artículo 7, 2 b sobre Bienes inmuebles urbanos y rústicos del Real Decreto Legislativo 12004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario)

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies