Ante as reiteradas queixas recibidas no PP polas dimensións destes elementos, os populares encargaron un estudo de varios pasos de peóns elevados e lomos de asno, análise realizada cun láser 3D de precisión, e os resultados amosan que todos os elementos analizados incumpren a normativa nacional
Nos últimos meses foron moitos os lucenses que se puxeron en contacto cos concelleiros do PP para queixarse polas dimensións dalgúns dos pasos de peóns elevados de Lugo e para preguntar se as medidas dos mesmos estaban dentro dos límites legais marcados. Tantas foron as queixas, que dende o PP encargouse a un estude de enxeñería que se comprobase se as medidas destes elementos estaban dentro dos límites establecidos.
Antes de desvelar os resultados deste estudo, os concelleiros populares destacan que están a favor da colocación destes elementos redutores da velocidade en Lugo, xa que axudan a mellorar a seguridade de peóns e de condutores.
Tanto os pasos de peóns elevados como os redutores de velocidade coñecidos como ‘lomos de asno’ réxense por unha normativa estatal pero que non é de obriga cumprimento para as cidades. “A pesar de que non hai que cumprir con esas medidas, sería axeitado adaptarse ás recomendacións xa que teñen o mesmo efecto disuasorio sendo menos agresivos”, destacan.
Os resultados deste estudo amosaron que os pasos de peóns avaliados superan a altura máxima recomendada hasta nun 80%. É dicir, os pasos de peóns elevados teñen que ter unha altura máxima de 10 centímetros e os cinco avaliados teñen unha altura de ata 18 centímetros. “Superan a altura máxima hasta nun 80% o que provoca serias dificultades para superalos, chegando nalgún caso a rozar na parte baixa dos coches”, apuntan.
Os lomos de asno teñen unha problemática semellante, pero con diferenzas de altura que superan o límite máximo, nalgún caso, nun 135%. A altura máxima para estes elementos é de 6 centímetros e detectáronse algúns de ata 14 centímetros de altura.
Este estudo tamén detectou outras eivas nas medidas da plataforma ou ramplas de entrada dos pasos de peóns e lomos de asno estudiados.
ELEMENTOS AVALIADOS
Este estudo realizouno unha empresa de enxeñería especializada neste tipo de actuacións, que realizou as medicións cun láser 3D de precisión para garantir a correcta medición destes elementos.
Os pasos de peóns e lomos de asno que se someteron a estudo foron aqueles que máis queixas suscitaron entre a cidadanía:
Pasos de peóns avaliados:
- Avenida de Ramón Ferreiro
- Rúa Angelo Colocci (marxe dereita)
- Rúa Angelo Colocci (marxe esquerda)
- Avenida Paulo Fabio Máximo (marxe dereita)
- Avenida Paulo Fabio Máximo (marxe esquerda)
Lomos de asno avaliados:
- Aveniga de Magoi (marxe esqueda)
- Avenida de Magoi (marxe dereita)
- Rúa Santo Graal (á altura do número 20)
- Rúa Santo Graal (á altura do número 32)
- Rúa Santo Graal (á altura do número 68)