Medio AmbienteSeguridade

O PP denuncia a inacción do goberno local cun lucense que leva pedindo ao Concello que limpen as fincas anexas a súa vivenda dende o ano 2013

By 1 Agosto, 2019Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que este lucense presentou diversos escritos ante o Concello de Lugo solicitando a limpeza destas fincas e o único que obtivo foi un constante silencio mentres a maleza segue a invadir a parte traseira da súa vivenda

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, faise eco das “reiteradas queixas” presentadas por un veciño do Barrio Feijoo ante o Concello de Lugo despois de levar varios anos pedindo que se limpen as fincas que hai na parte traseira da súa vivenda xa que invaden por completo a súa casa.

Antonio Ameijide explica que este veciño presentouse en numerosas ocasións no Concello de Lugo, no que presentou ata 9 escritos dende o ano 2013, para solicitar que o goberno local cumpra coa lei de prevención de incendios, xa que a maleza que invade por completo as fincas que hai trala súa vivenda “son un foco potencialmente perigoso” xa que falamos da parte interior dun patio de mazá, o que, en caso de incendio, provocaría un perigo enorme para todas as vivendas xa que, ademais, é de difícil acceso.

Os primeiros escritos presentados por este lucense datan de agosto de 2013, que tiveron réplicas en 2015, 2017 e 2019, obtendo sempre un “silencio demoledor” por resposta, mentres a maleza seguía a medrar e a invadir a parte traseira da súa vivenda.

O concelleiro popular insta ao goberno local “a tomar cartas no asunto” xa que pese a que as fincas poidan ser de titularidade privada, o goberno local ten que cumprir coas súas competencias e corrixir a situación. Neste senso, explica que ante o elevado risco de incendio, derivado da gran acumulación de maleza, o Concello de Lugo, en cumprimento da actualización da lexislación autonómica de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ten que realizar “a execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 22 desta lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”.

O caso hoxe denunciado dende o Grupo Municipal Popular é so un dos moitos que se suceden na cidade, como os xa denunciados na zona de Fontiñas ou en diversas parroquias da zona rural. “É evidente que non falamos dun problema que xurdiu hai uns días. O goberno local leva anos sen cumprir as súas obrigas legais e cos lucenses”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies