LUNS 9 DE SETEMBRO DE 2024
- A voceira popular reclamou a Alvarellos e a Arroxo que actúen de forma urxente recriminando “a falta de planificación nun servizo prioritario para a veciñanza”
- Hoxe mesmo en Lugo hai 5 operarios en augas para cubrir as necesidades dunha poboación de 100.000 habitantes con catro fugas simultáneas: Tres operarios á mañá e dous pola tarde polo que a resposta que lle dan a veciñanza que leva horas sen auga é que se armen de paciencia e que esperen ao seu turno
- Este é o caso dos barrios de A Ponte e Sanfiz que están sen subministro porque o concello non tiña persoal e faltaban medios para arranxar as avarías esta fin de semana. A pasada fin de semana houbo outra incidencia que os deixou sen auga 50 horas sen auga cando a reparación fíxose en 9 minutos
- Elena Candia reflexionaba que “a alcaldesa fai boa os seus predecesores xa que coas reparacións da auga tiñamos un mal contrato, e unha privatización en toda regra pero arestora o que temos é un parche que non é operativo”
- A popular lamenta a falta de liderazgo da alcaldesa á hora de dar solucións a este problema e recrimina que Arroxo se poña de perfil nesta cuestión.
Cronoloxía
- No ano 2020 Lara Méndez e Alvaro Santos anuncian como solución provisional a firma dun contrato por un importe de 120.000 euros. Pero esa provisionalidade estancouse, esgotouse o contrato e asináronse prórrogas.
En agosto do ano 2023 advertimos que en outubro caducaba o contrato de reparación de fugas polas noites e en festivos. Insistimos en que se reforzase a brigada.
– En Novembro de 2023 preguntamos porque deixaban caducar o contrato
– Desde mediados de febreiro ata abril de 2024 non había quen fixera as reparacións en festivos e fins de semana.
– Despois de anos estudando como xestionar de forma integral este servizo sacan a licitación en abril de 2024 un novo contrato para reparar as fugas de auga curiosamente co mesmo importe que a todas luces será insuficiente. Só se presenta unha única empresa que acaba de coñecerse que renuncia.
– En xullo o goberno local licita un contrato menor por 15.000 € “para ejecución de reparacións e traballos de apoio na reparación de avarías na rede de abastecemento durante tres meses. Dende que se asina o contrato se prestará o servizo durante 3 meses.
O PP leva anos denunciando que PSOE e BNG desmantelaron a Brigada Municipal de Augas: “Non lles pagaron as horas extras; obrigáronnos a recurrir á xustiza; a plantilla era escasa e non estaba ben dimensionada”. Hai que lembrar que co ánimo de reforzar esta brigada dende o PP presentamos unha emenda aos orzamentos de 2024 para destinar fondos para reforzar o equipo contratando a máis persoal pero caeu en saco roto.