- Na canle de comunicación habilitado polo grupo municipal do Partido Popular estanse a recibir numerosas queixas polo servicio de atención ao cidadá prestado no Concello de Lugo
- Das 6 persoas asignadas ao servizo de atención ao cidadán só unha está a prestar servizo na actualidade. Un servizo que recibe unhas 50 persoas diarias para atención e información dos diferentes servizos municipais e a tramitación, entre outras, da tardxeta cidadá, precisa de medios e persoal axeitados e non as condicións nas que se atopa actualmente.
- En temporada estival o número de persoas que se achegan ao concello a solicitar información ou tramitar documentación vese incrementado pola población flotante que acude á cidade a pasar as vacacións, a visitar a familiares, etc.
- Os medios dos que dispón este departamento, en moitos casos obsoletos, provocan que sexa preciso emitir numerosos duplicados de tarxetas cidadá polo mal funcionamento das mesmas.
- Cando se achega o comezo do curso escolar, as solicitudes da devandita tarxeta vense incrementadas, xa que moitas delas son solicitadas por estudantes universitarios que inician os seus estudos na cidade.