Infraestruturas

O PP denuncia o despilfarro de 3M€ de Arroxo para renovar o alumeado dunhas poucas rúas cando puido cambiar as de todo o municipio por 1.6M€ con fondos europeos

By 10 Maio, 2023Sin comentarios

Os populares explican que, segundo técnicos municipais, renovar todas as luminarias de Lugo (tanto zona urbana como rural) custaría uns 8M€ aproximadamente, pero de haber solicitado os fondos europeos para este fin, Europa asumiría o 80% do gasto total, desembolsando o Concello 1.6M€ aproximadamente

Os concelleiros do PP amosaron a súa sorpresa despois de ler nos medios de comunicación como Rubén Arroxo anunciou que quere renovar nos próximos catro anos as luminarias do municipio a LED para aforrar custes.

Para os populares, este anuncio “é totalmente electoralista” e “está fóra de lugar”.

Dende o PP argumentan que neste mandato Rubén Arroxo gastou algo máis de 3M€ en renovar o alumeado dunhas poucas rúas, “cando puido renovar o alumeado de todo o municipio (zona urbana e parroquias do rural) por 1.6M€ aproximadamente”, se houbese solicitado as axudas ás que tiña acceso en novembro de 2020.

Os populares explican que, segundo técnicos municipais, cambiar a LED todas as luminarias do municipio tería un custe duns 8M€. Dende Europa había dispoñibles unha serie de axudas para este fin, para aforrar custes eléctricos e minimizar a pegada de carbono, pero nin Lara Méndez nin Rubén Arroxo tiveron a ben solicitar estas axudas.

Para os populares, que o Concello de Lugo non solicitase estas axudas débese a que infraestruturas depende do BNG e a solicitude de fondos europeos depende do PSOE, polo que “ningún dos socios de goberno vai a mover un dedo para que o rival saque unha foto”.

Como os fondos europeos son competencia do PSOE e que a iluminación depende da área de infraestructuras do BNG, os nacionalistas renunciaron a pedir a subvención a proxectos singulares de entidade locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020”. Na convocatoria repartíronse preto de 1.000 millóns de euros, cos que se financiaban o 80% de cada proxecto. “Así, a renovación de todas as luminarias do municipio suporía para o Concello de Lugo 1.6M€, a metade do investido por Arroxo neste mandato para cambiar o alumeado dun puñado de rúas”, sinalan, cando puido facelo por menos da metade do investido.

Os populares deixan claro que dende a alcaldía do Concello de Lugo “renovaremos o alumeado de todo o municipio, instalando ademais sensores de presenza, diminuíndo a contaminación lumínica pero sempre asegurando unha iluminación suficiente para garantir a seguridade”.

 

Outros exemplos de renuncias a fondos europeos

As constantes pelexas entre Lara Méndez e Rubén Arroxo tamén provocaron que “se solicitase, se obtiveses e logo se renunciase” a unha subvención  de 2.5M€ para instalar unha central de biomasa no entorno do campus, unha infraestrutura que abastecería ao campus, ás pistas de atletismo (módulo cuberto e pistas ao aire libre) e piscina de As Pedreiras e podería estudarse que abastecera tamén ao Pazo Provincial dos Deportes.

Pola competición entre a alcaldesa e o vicealcalde, os lucenses tamén perdemos unha axuda do Idae, que se tivo concedida e á que tamén se renunciou, que concedía 616.909,99€ para crear unha planta de biogás na Edar (depuradora) de Lugo e que podería xerar riqueza para o municipio “financiamento que se podería destinar á melloras necesarias en Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies