- O Partido Popular desvelou que o goberno local desviou case 200.000 € para pagar as obras do Centro Iglesias Alvariño, un edificio que foi inaugurado, en marzo de 2023, ás portas das eleccións. O decreto asinado o pasado 2 de outubro pola alcaldesa de Lugo aprobaba unha modificación orzamentaria para dar cobertura ás obrigas de carácter económico derivadas da revisión de prezos do contrato da obra
- A concelleira popular, Mar Carballas, foi contundente ao criticar que “este decreto é un exemplo de que o goberno local nos minte cando presumen de que o período de pago a proveedores está por debaixo da media” xa que facturas como estas mostran cal é a verdadeira realidade: “hai pagos que non están rexistrados e non computan”.
- A popular Mar Carballas tamén destacou a súa preocupación polo feito de que os fondos desviados procedan do proxecto de Aquavanza (PERTE da Agua destinado á investimentos para mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo da auga), xa que eses cartos se poderían destinar a servizos esenciais, que demanda a veciñanza como renovacións de tubaxes en puntos como Sánfiz, barrio da Ponte ou Rof Codina, entre outros.
- Carballas resumía: “este é un exemplo máis de mala xestión, pídenlle un esforzo aos lucenses cando eles sacan cartos de partidas que estaban encamiñadas a rebaixar os recibos da auga nun 10%. En vez dese desconto prometido atopámonos cunha suba dun 25% aprobada polo PSOE e o BNG co voto en contra do PP.