A concelleira popular Ana López Pombo insta aos socialistas a fixar, na próxima semana, a data de comezo das obras da Plaza, o espazo provisional onde reubicar aos postos e como se compensará aos afectados en caso de que os traballos superen os 33 días
O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que “a improvisación e a mala planificación nas obras da reforma da Praza de Abastos” estén marcando as conversas cos comerciantes da Praza.
A concelleira Ana López Pombo calificou de “tomadura de pelo e falta de respeto” a última xuntanza que mantivo o equipo de goberno cos placeros. “Estar, a estas alturas, con tomas de contacto sen unha programación definida do traslado dos postos reflicte unha falta de ideas e de reflexos absoluta para solucionar cuestións do día a día”, reflexionou Ana López.
A concelleira popular reclamou ao goberno local fixar, na próxima semana, a data de comezo das obras da Plaza, o lugar onde reubicar aos praceros e como se indemnizará aos afectados en caso de que os traballos da intervención prevista neste edificio superen os 33 días. Ana López indicou que “se o concello ten asegurada unha indemnización do constructor se se retrasa na execución da obra debería tamén garantir aos placeros afectados unha compensación no caso de que superen os plazos anunciados”.
Dende as filas populares demandan unha maior axilidade nesta mudanza e que se lles informe sobre cal é o recinto que máis se adecúa as súas necesidades. “O Concello en vez de especular e botar balóns fóra sobre a ubicación provisional dos postos debería centrarse xa e dar unha solución firme aos afectados polas obras poñendo os medios necesarios para levar a cabo o traslado dos postos” manifestó Ana López. A concelleira advertiu que de cara ao consumidor é necesario, que mentres duren as obras e haxa unha situación de provisionalidade, se garanta en todo momento as condicións hixiénico sanitarias dos productos que se venden no mercado” concluíu a edil do PP.