Sen categoría

O PP denuncia que as Caldas do Miño estiveron abertas 19 meses sen estar dada de alta a instalación de auga quente, e sen ter un plan completo de prevención

By 29 Xaneiro, 2025Sin comentarios

Os populares anunciaron que “pedirán responsabilidades porque consideran que o goberno local actuou de forma  irresponsable e temeraria

O Grupo Municipal Popular denuncia a grave falta de xestión do goberno local en relación ás Caldas do Miño, unha infraestrutura que (segundo a documentación oficial obtida grazas á solicitude realizada pola nosa voceira no Parlamento Galego no marco do artigo 9.2 do Regulamento do Parlamento, que permite obter documentación oficial sobre asuntos de interese público), non estaba rexistrada ante a autoridade sanitaria competente no momento en que se detectou o brote de lexionella no pasado mes de setembro.

Outra das deficiencias que se desprende da información á que tivemos acceso é que o plan de prevención tralo brote de lexionela era incompleto. A pesar dos resultados alarmantes das análises de auga realizadas, que superaban amplamente os límites de seguridade, o goberno local non notificou medidas correctoras nin estableceu un cronograma para a reapertura.

Sabíamos que as caldas era un mal proxecto o que non sabíamos era que tamén puxo en perigo a saude dos usuarios, ainda que fose poucos, merecen ter unhas garantías de seguridade.

Un proxecto caro e inútil

“As Caldas do Miño son o símbolo dunha mala planificación pola que agora estamos pagando todos os lucenses. Cun custo anual de 400.000 euros esta infraestrutura só serve para reflectir a pésima xestión do goberno local”, subliñaron os populares

Desde o PP, lembran que se opuxeron a proxectos como este ou o do Impulso Verde desde o principio, advertindo da súa inutilidade e do impacto negativo nas contas municipais. Hai que lembrar que estas Caldas non son terapéuticas e a auga que utilizan é da billa e se quenta con aerotermia a antetítese dun goberno ecolóxico.

Exiximos transparencia e responsabilidade

“É inadmisible que un goberno que presume de xestión sexa incapaz de cumprir coa normativa básica nun proxecto que eles mesmos impulsaron. As Caldas do Miño non son só unha instalación pechada, son o reflexo dun modelo de goberno que fai augas por todas partes”, denunciaron os populares.

Os edís do PP esixen ao goberno local unha explicación inmediata aos veciños: “Por que as instalacións non estaban dadas de alta? Que medidas se tomaron tras o brote? Cal é o futuro desta instalación?

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies