CulturaPersoal

O PP denuncia que case 100 alumnos da Escola de Música non teñen clase xa que non cubren as baixas

By 13 Febreiro, 2020Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Beatriz Vázquez lamenta que o bigoberno siga sen poñer fin aos problemas que xorden na Escola Municipal de Música, como as baixas de profesores, o que afecta directamente ao alumnado aos que lles cortan a súa formación xa que non se cubre esa praza temporalmente con outro profesional

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, denuncia a situación que vive o alumnado da Escola Municipal de Música, xa que o caos xerado polo bigoberno segue instalado nesta organización.

A concelleira popular destaca que seguen a producirse numerosas queixas por parte do alumnado e pais dos alumnos, xa que hai situacións “que non se poden permitir” e que afectan directamente á formación dos estudantes, como é o caso que non se cubran as baixas de tres profesores (saxofón, frauta traveseira e pito pastoril galego) o que provoca que 81 alumnos non teñan clase. Ante esta situación, desde o Grupo Municipal do Partido Popular se presentarán preguntas para coñecer os motivos desta situación e que solucións se expoñen desde o equipo de goberno para rematar con este caos dunha vez.

A este respecto, na comisión de Cultura de setembro de 2019, a concelleira delegada desta área respondeu a varias preguntas do Grupo Municipal do Partido Popular, referentes ao funcionamento da Escola Municipal de Música, que nesas datas dende a súa área estaban a traballar para realizar unhas bases para a creación de listas ou bolsas de
traballo para cubrir as baixas que se puideran producir, unha resposta que demostra “a súa falta de traballo” xa que medio ano despois as baixas dos profesores seguen a producirse sen que haxa unha solución a curto prazo “o que pon en risco a formación continuada do alumnado” xa que ao non haber profesores “suspenden directamente as clases deses instrumentos”.

O resultado desta “deficiente” xestión por parte do bigoberno afecta directamente a departamentos enteiros, xa que no departamento de vento madeira, que conta con clases de catro instrumentos (frauta traveseira, clarinete, saxofón e fagot) tiveron que suspender a formación do 50% das clases, algo que afecta tamén aos grupos que hai neste departamento ( grupo de saxofóns e grupo de clarinetes) xa que o de saxofóns non funciona.

O mesmo sucede co departamento de música tradicional, no que se imparte formación en dous instrumentos (gaita e pito pastoril galego) do que xa suspenderon a formación nun deles, o que ademais afectou a un dos grupos didácticos que se imparten dentro deste departamento.

Unha situación que afonda na “mala imaxe” que desde hai anos se transmite da Escola Municipal de Música e que a única mensaxe que transmite “é de cero confianza” xa que amosa que cando hai algún problema non se soluciona de inmediato afectado “única e directamente” á formación dos alumnos aos que deixan “colgados e sen formación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies