
O concelleiro do PP Manuel López pide unha solución urxente logo de comprobar que hai puntos en parroquias como a de San Pedro de Mera onde “ata os tractores teñen dificultades para pasar polos socavóns e a lama que hai nos camiños”
O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que hai pistas que dan acceso a fincas de cultivo o de pastoreo que son intransitables. O concelleiro popular Manuel Martínez comprobou que “nin en todo terreo é posible acceder a estas parcelas” e que incluso “ata os tractores teñen dificultades para transitar por algúns destes camiños”. O popular recrimina ao goberno local a súa pasividade xa que “é coñecedor do problema e se desentende de facer un seguimento axeitado”.
O edil do PP ironizaba coa preocupación do PSOE por recuperar o pulso do rural cando “non é capaz nin de manter as pistas que a administración local acondicionou hai uns anos”. Manuel López puntualizaba que se fixeron de seis metros de ancho co obxeto de permitir o paso de maquinaria xa que “a maioría das parcelas afectadas se adican a cultivos e pradeiras”.
Dado que estamos en plena campaña de recolleita o popular urxe para que se reparen estes puntos matizando que “non é un traballo complicado, non hai que asfaltar o único que reclaman os veciños é poder acceder as súas propiedades e, para iso, só se precisa botar unha capa de pedra que facilite o tránsito, tanto de maquinaria como de gando, polos camiños afectados”. “Por si fóra pouco, a maleza tamén invade estes camiños xa que levan anos sen desbrozar” engadiu López.
Os populares poñen como exemplo deste despropósito a pista da Costa de San Pedro de Mera onde, agora mesmo, ata os tractores teñen dificultades en pasar. Outro caso similar nesta parroquia é a da pista Fornamoura onde as silvas ocultan xa o camiño.