EconomíaUrbanismo

O PP denuncia que en 2022 resolvéronse un 30% menos de licenzas, polo que Lara Méndez e Rubén Arroxo condenan a Lugo á paralización

By 12 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Durante o 2022 calquera persoa que realizou unha petición de licenza en Lugo viviu unha auténtica odisea xa que para construír, rehabilitar ou reformar unha vivenda ou nave en Lugo houbo que agardar un ano e medio de media para obter unha resposta á petición, sendo a espera media na cidade de 428 días e na zona rural de 590 días

A resolución de peticións de licenza no Concello de Lugo segue a ser un dos grandes lastres para a economía municipal xa que durante todo o 2022 a espera media para resolver unha solicitude foi de 509 días, un dato moito máis elevado que en 2021, cando a espera media situarase en 465 días.

Para Antonio Ameijide estamos ante “datos moi preocupantes” xa que falamos de que tan só unha de cada dez peticións resolvéronse no prazo legal de 3 meses ou o que é o mesmo 21 das 186 peticións resoltas en todo 2022 foron dentro do prazo legal establecido de 90 días. Analizando os datos por zonas, no ámbito urbano tan so 18 licenzas (de 108) resolvéronse en prazo, mentres que na zona rural foron 3 en prazo (de 78).

O bloqueo que Lara Méndez e Rubén Arroxo certifícase no total de licenzas resoltas. En 2021 resolvéronse 265 peticións, mentres que en todo 2022 o dato baixou ata 186 expedientes. O popular recorda que, como sempre se fai cando se analizan os datos da resolución de licenzas, toda a información extráese das actas das xunta de goberno local, polo que “o goberno local non pode negar estes datos, salvo que nas actas oficiais falten á verdade”.

“Queda demostrado, unha vez máis, que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo son un verdadeiro lastre para Lugo e os lucenses”, afirmou o popular.

Durante o 2022, os lucenses que pediron permiso para construír, rehabilitar ou facer obras de conservación ou reforma dunha vivenda no municipio tiveron que esperar 509 días de media para ver como se resolvía a súa petición. Na zona urbana a espera media foi de 428 días, mentres que na zona rural a espera media foi de 590 días. Uns datos que empeoraron notablemente aos do 2021.

Estes incumprimentos legais (xa que a lei sinala que hai que resolver unha licenza en 3 meses) provocan un colapso da economía de Lugo, xa que cada expediente resolto supón un investimento medio de 266.845,23€, un dato que, multiplicado polos centos de peticións que Lara Méndez e Rubén Arroxo teñen parados en caixóns municipais, supón “millóns de € de investimentos bloqueados”.

Antonio Ameijide tamén pon o foco sobre outro dato clave na resolución das licenzas: a data do primeiro informe. Recorda de novo que hai que resolver as peticións en 3 meses, pero no Concello de Lugo a media para obter o primeiro informe sitúase nos 274.61 días (9 meses).

Uns datos ante os que o concelleiro popular asegura que “é inadmisible” que tras oito concelleiros de urbanismo; despois de nomear a un coordinador para a área de Urbanismo e despois de designar a un novo xefe de servizo “Lugo sexa unha liña vermella para moitos emprendedores que optan por localizacións próximas ao municipio para asentar as súas empresas”.

Por último, Ameijide recorda que os datos cos que os populares realizan esta análise están extraídos das actas das xuntas de goberno local polo que son o mellor argumento para rebater o triunfalismo do que fan gala Lara Méndez e Rubén Arroxo, xa que a única realidade para os lucenses e as persoas que queren investir en Lugo son as complicacións, trabas e atrasos para conseguir licenza de obra maior, “sendo a realidade que Lugo en lugar de subir en poboación, baixa. Semella que queren botar á xente de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies