Sen categoría

O PP denuncia que falta persoal esencial na Casa da Muller mentres o goberno local prioriza contratos para servizos pechados como as Caldas

By 9 Decembro, 2024Sin comentarios

Desde agosto, a Casa da Muller de Lugo está sen psicólogo, un servizo clave para ofrecer apoio e atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. A situación agravouse en setembro coa xubilación do avogado especialista, posto que tampouco se cubriu ata o momento cando ambas prazas figuran na Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello.

Esta falta de previsión contrasta coa rapidez coa que socialistas e nacionalistas recorren a contratos menores para servizos como socorristas e vixilancia nas Caldas, ou por exemplo a renovación da seguridade das instalacións muncipais que se contratou con esta fórmula nada máis rematar o anterior contrato.

Desde o PP esixen ao goberno local que poña fin a esta situación e garanta os recursos humanos necesarios para que a Casa da Muller poida ofrecer unha atención integral e continuada. As políticas públicas de igualdade deben traducirse en feitos reais, non en promesas baleiras.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies