Urbanismo

O PP denuncia que Lara Méndez demorou a aprobación definitiva do 5% do PXOM por intereses electorais

By 11 Abril, 2023No Comments

Antonio Ameijide explica que mañá vai a xunta de goberno a parte pendente do Plan Xeral e logo elevarase ao pleno deste mes para ser sometido a súa aprobación definitiva

O popular denuncia que xa en setembro a rexedora puido levar a pleno a aprobación definitiva do plan de ordenamento e así non ter 7 meses a moitos lucenses con proxectos de vida e empresariais no aire

Antonio Ameijide acusa directamente a Lara Méndez como única responsable de impedir que aqueles que viven ou que queren asentarse nas parroquias do rural, estivesen agardando con inquedanza a cunha demora inxustificada pola aprobación definitiva do 5% do PXOM

O edil popular recorda como xa en setembro a Xunta de Galicia  informou ao Concello de Lugo de que “analizada a documentación, púidose verificar que na mesma se corrixen, en xeral, as deficiencias sinaladas, polo que emítese informe favorable previo á aprobación definitiva do PXOM de Lugo” que tiña como único requisito a corrección de varios erros menores

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies