O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide desvela que, despois de tres anos de parálise no Edusi, Lara Méndez, nunha manobra “electoralista”, quere aproveitar agora un orzamento de máis de 650.000€ para contratar a 27 traballadores para acondicionar o entorno no que se desenvolverán os proxectos desta estratexia
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou esta mañá que Lara Méndez emprega o Concello de Lugo como o seu “cortixo” particular, coa contratación de 27 traballadores en tres brigadas “electorais”.
Antonio Ameijide manifestou que desde que naceu a Estratexia Dusi no Concello de Lugo, no ano 2016, é agora cando a alcaldesa se acorda de buscar, inxectando 650.000 euros de fondos públicos, réditos electorais.
Para o voceiro popular “é lamentable” que despois de tantos meses falando da Estratexia Dusi é “a poucas semanas de dous procesos electorais” cando Lara Méndez se acorda de contratar a 27 persoas para acondicionar os espazos nos que se prevé desenvolver os proxectos desta Estratexia. “É unha medida totalmente electoralista porque ademais non se aclararon os criterios de selección dos beneficiarios destes postos”, explicou o popular.
As brigadas “electorais” que Lara Méndez e o PSOE teñen pensado poñer en marcha se dividen en tres grupos de oito operarios cada unha, tendo a un capataz á fronte cada brigada. Para elixir aos operarios non hai criterios definidos, mentres que para designar aos tres capataces si que se seguirán as bases establecidas no Concello de Lugo. Neste senso, o popular pregunta a Lara Méndez polo motivo de agardar tantos meses para contratar estas brigadas privando así aos lucenses de disfrutar das reparacións e as melloras que se lle encomendará ás brigadas
A duración dos contratos será de seis meses e a función destas brigadas será unicamente acondicionar as zonas nas que o equipo de goberno quere desenvolver os proxectos do Edusi. O proceso de contratación se demorará ata que a xunta de goberno local dea autorización para este fin, polo que todo o proceso “se axustará o máximo posible” aos procesos electorais.