- A concelleira popular Mar Carballas explicou que “o concello de Lugo ainda ten moito camiño que percorrer para adaptar a Lei da transparencia as súas rutinas” engadindo que “é outra asignatura máis que ten pendente o bipartito”
- A popular informou de que PSOE e BNG non actualizan a información dos contratos menores na plataforma do Concello “os últimos documentos publicados son de decembro de 2022 cando están obrigados a colgar os contratos menores trimestralmente”
- Por este motivo os populares presentarán un rogo para que se corrixa esta situación cuxa obrigatoriedade se recolle na Lei 19/2013 do nove de decembro sobre acceso a información pública e o bo goberno
- Carballas insiste en que “se queremos que a cidadanía confíe na administración máis cercana, e se queremos que a fiscalización sexa real hai que cumprir coa normativa”
- Os populares temen que se esté ocultando esta información de forma deliberada porque podería dispararse o número e a cantidade que se está pagando neste exercicio económico mediante esta fórmula de contratación sen publicidade xa que en 2022 PSOE e BNG repartiron 284.536,921M€ en 1.497 contratos menores
- “É tempo de que a participación e a transparencia teñan o lugar que merecen na administración municipal en Lugo e iso só depende da vontade política de PSOE e BNG”.