Infraestruturas

O PP denuncia que o Concello de Lugo leva 10 anos evitando unha derrama e impedindo que os veciños cambien o tellado

By 7 Febreiro, 2023No Comments

Os veciños deste inmoble “xa non poden máis” tras levar desde 2012 pelexando para que o Concello de Lugo asuma a súa parte dos gastos, como copropietario, o que impide, entre outras cosas, desenvolver obras urxentes de mantemento do inmoble afectado, como arranxar a fachada

O goberno de Lara Méndez segue a dar as costas aos lucenses e, nesta ocasión, a unha familia dun inmoble da Praza das Illas, edificio que ten deficiencias importantes e que dificultan a vida cotiá dos seus inquilinos, que non poden solucionar estes problemas debido a que o Concello de Lugo non asume a súa parte dos gastos (50%), como copropietario.

Antonio Ameijide explica que estes veciños levan sufrindo problemas de humidades, goteiras ou buratos na fachada que provocan que entre frío ao interior e que non poden arranxar porque o goberno de Lara Méndez négase a asumir a súa parte do custo económico. “A realidade é que neste inmoble o Concello de Lugo ten unha propiedade moi pequena, duns 15 metros cadrados, pero nas escrituras da propiedade figura que asumirá o 50% do custo dos gastos derivados da conservación do inmoble, algo ao que levan anos negándose e que está a ocasionar problemas moi serios a estes veciños”, apunta.

Os veciños deste inmoble levan máis de 10 anos remitindo escritos ao Concello de Lugo, emails, xuntanzas, incluso peticións directas a Lara Méndez, “con nulo resultado” á vista dos feitos, xa que hai máis dunha década que os veciños agardan a que o goberno local asuma as súas competencias.

O concelleiro popular recorda como non é a primeira vez que o Concello de Lugo ten problemas coa súa participación nesta propiedade, xa que no 2012, baixo o mando de Orozco e Bao, o edificio non pasou a inspección técnica de edificios “como consecuencia de que o goberno local desatendera as súas obrigas neste edificio”.

Os populares presentarán unha iniciativa a pleno para o Concello de Lugo colabore, dentro das súas obrigas, nas necesidades de arranxo deste inmoble para que estes veciños poidan recuperar a normalidade na súa vida diaria.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies