Zona rural

O PP denuncia que o fracaso da recollida de silos “porta a porta” no rural podería conlevar sancións económicas

By 27 Febreiro, 2017Sin comentarios

O concelleiro popular Manuel López explicou que “esta iniciativa nin erradicou os vertedoiros incontrolados, nin frenou o depósito de neumáticos nos antigos puntos de acopio que o goberno local limpou  en Xaneiro”

O Grupo Municipal considera que “o modelo de recollida, porta a porta, de plásticos agrícolas está fracasando porque nin se informou aos beneficiarios deste sistema de forma axeitada, nin  se realiza un control dos 4 antigos puntos de acopio que hai no Burgo, San Xoán do Campo, Coeses e Bóveda”.

O concelleiro popular Manuel López facía esta reflexión tras comprobar que a fórmula elixida polo goberno socialista para retirar os silos das explotacións gandeiras e agrícolas están a fracasar por fallos na súa xestión e pola desinformación absoluta sobre o seu funcionamento “facer un díptico e buzonealo polas parroquias ten un custe mínimo” puntualizou o edil. O popular indicou que “a proba evidente de que non funciona este sistema é que logo de que se limparan estes puntos de acopio e se sinalizara a prohibición de botar lixo hoxe, algúns deles como o de O Burgo onde xa hai unha morea de rodas ou o de Coeses, onde volve haber  plásticos, electrodomésticos, mobiliario …

Manuel López alerta también de que “non se erradicaron os vertedoiros incontrolados, e permitidos polo Concello, como o que hai na parroquia de San Pedro de Mera, ou mesmo na pista situada no límite de Poutomillos e O Prógalo”. O concelleiro popular amosou a súa preocupación polo descontrol que hai asegurando que incluso, na contorna dos colectores que hai en parroquias como Camoira ou O Veral, se acumulan dende hai meses colchóns, mobiliario, sanitarios ou outros restos de construcción. “O feito de que segan aparecendo vertedoiros coma estes só se explica, pola falla de control por parte do goberno local, e tamén, coa necesidade de levar a cabo un labor explicativo das consecuencias tanto medioambientais como económicas que poden acarrear estes depósitos de vertidos”, puntualizou o edil do PP.

López Fernández explicou que é necesario concienciar aos veciños dos riscos destes vertedoiros indicando que “na nova Lei do Patrimonio Natural de Galicia que modificará a norma vixente do ano 2001, adaptándose a Lei estatal do 2007 e na que establece como falta grave o abandono dos residuos fóra dos lugares dedicados ao efecto”. O popular sinala que as sancións por esta falta van mudar dos 60.000 euros de pagos pasaría agora ata os 200.000 euros, e se obrigará a que reparar o daño causado.

Nese senso, o concelleiro do PP insta aos socialistas a que se “tomen en serio e velen polo correcto desenvolvemento do servizo de recollida de silos porta a porta no rural” matizando que “xa tivemos que pagar unha sanción por danos ambientais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies