InfraestruturasMedio Ambiente

O PP denuncia que o goberno de Méndez foi sancionado cunha infracción grave en materia sanitaria ao non limpar durante 8 anos o depósito de auga potable do Ceao

By 25 Febreiro, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide denuncia que segundo o decreto polo que se ordea o pago da sanción sanitaria, o Concello de Lugo mantivo sen ningún tipo de limpeza e control sanitario o depósito de auga potable de O Ceao durante oito anos, o que pode ocasionar graves riscos para os lucenses xa que o depósito presentaba fugas polas que, ademais de saír a auga, tamén podían filtrarse cara o interior elementos contaminantes 

O Concello de Lugo vén de asumir o pago pola comisión dunha infracción grave en materia sanitaria despois de que a Consellería de Sanidade detectase ata 7 incumprimentos legais en materia de control da calidade da auga para consumo humano, que o goberno de Lara Méndez recoñece no decreto de pago da sanción.

Antonio Ameijide explica que a Consellería de Sanidade realizou unha inspección do depósito de auga potable de O Ceao o 25 de abril de 2022 (inspección ratificada ao día seguinte nunha nova inspección), revisión que deixou como conclusión que este depósito se atopa nun deficiente estado de conservación, ademais de que por parte do Concello de Lugo:

  • Non se realizaron limpezas e traballos de desinfección do depósito dende o ano 2014
  • Non existen rexistros nin análises organolépticos de control desinfectante residual e de PH na rede de Lugo dende o ano 2018
  • Concello de Lugo non dispón do PAX (Protocolo de Autocontrol e Xestión de abastecemento)
  • A información que consta no SINAC non está actualizada

En total, ata 7 incumprimentos legais en materia sanitaria, por parte do Concello de Lugo, feitos recoñecidos polo propio Concello de Lugo, tal e como figura no decreto asinado o 14 de febreiro deste ano, no que sinalan textualmente “que na data da realización da inspección, as deficiencias sinaladas atopábanse sen solucionar”. Unhas deficiencias que supoñen unha multa de 4.005,07€ “ademais de supoñer graves riscos para a saúde dos lucenses xa que se trata do depósito que abastece a todo o polígono do Ceao”.

Antonio Ameijide reitera unha das grandes reivindicacións do Partido Popular dende hai varios anos, como é a renovación da rede de abastecemento do propio polígono para evitar os problemas de presión de auga do polígono que, no seu momento, puxeron en serias dificultades aos bombeiros de Lugo para poder extinguir as lapas do citado incendio.

Unha renovación necesaria amparándose nos informes municipais sobre o incendio de hai case dous anos, nos que se asegura que é imprescindible proceder á renovación da rede de augas desta zona industrial xa que se especificou que “a presión de auga nas rúas onde tivo lugar o lume era unha cuarta parte da que había noutros puntos do polígono (de entre 0.6 e 0,8 kg/cm2), mentres que, por exemplo, na rúa dous Carpinteiros, á carón da ITV hai unha presión de 3,8 kg/cm2”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies