Medio Ambiente

O PP denuncia que o goberno local non contesta á metade das queixas que presentan os cidadáns

By 17 Setembro, 2015Xaneiro 12th, 2016Sin comentarios

A edil Ana López Pombo pide ao responsable de Servizos Xerais que axilice os prazos de resposta das queixas que se presentan  na Comisión de Suxerencias “para gañar en eficacia e resolver os problemas dos lucenses de forma rápida e en tempo e forma”

O Grupo Municipal do Partido Popular reclama ao goberno local unha maior resolución á hora de responder as queixas que presentan os lucenses na Comisión de Suxestións. Segundo se desprende do informe que hoxe se presentou en Comisión das queixas rexistradas nos últimos tres meses case á metade non se contestaron (13 das 27 rexistradas dende o 19 de xuño de 2015 seguen sen resposta).

Para a concelleira Ana López Pombo si “se se quere fomentar a participación para que os cidadáns contribúan a que a cidade esté en perfecto estado de revista e que o concello funcione de forma eficaz debe ser o primeiro en dar exemplo”. A concelleira manifestou que é incomprensible a lentitude coa que se están a xestionar estas peticións “é unha falta de respeto que ni tan sequera se contestase á unha comunidade de veciños da Milagrosa que hai  tres meses notificou que tiña problemas de atascos nas conduccións de augas residuais procedentes da canalización pública”. Ana López Pombo tamén indicou que está pendente de resposta outro caso similar en Miguel de Cervantes “onde tamén tiñan problemas por filtracións”.

Os populares tamén   alertan do aumento de reclamacións referentes ao eido social destacando as tres relativas a problemas de  organización no Centro de Convivencia Maruja Mallo: “o neno perdido dun campamento, a actitude que se denuncia dun usuario relativa ao trato recibido por unha traballadora, ou unha petición para reorganización de dependencias”.  Tamén se rexistraron outras tres queixas por “reparto de prazas para un campamento de verán e por un rifi rafe entre persoal do Centro Milagrosa”.

A edil popular explicou que a falla de resposta  provoca que incluso algún veciño teña que rexistrar varios documentos para conseguir que se lle dea resposta”. Para a popular é necesario axustarse aos prazos estipulados para contestar aos requerimentos dos cidadáns  xa que moitas son cuestións de doada solución como “a limpeza de rúas e acceso ao parques , mantemento de espacio viario tanto infraestructuras, rúas parques e xardíns así como ofrecer información sobre uso do punto limpo …”

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies