Servizos sociais

O PP denuncia que o goberno local perde “de forma irresponsable e sen xustificación” entre 400 e 800 horas ao mes de axuda no fogar

By 30 Maio, 2016No Comments

 A concelleira do PP Mari Teijeiro lamenta que haxa persoas con dependencia que queden sen a prestación do SAF porque os socialistas non consomen o total das 9.496 horas mensuais do SAF que lles concede a Xunta

O Grupo Popular acusa ao goberno local de “obstaculizar, en vez de acelerar”  a lista de espera dos lucenses que solicitan axuda no fogar por dependencia. A edil considera unha irresponsabilidade que, de forma sistemática, se deixen sen gastar entre 400 a 800 horas mensuais cando a lista de espera do SAF neste mes de maio alcanzou os  186 veciños.

Para edil do PP “é inxustificable este desprezo e esta forma de xestionar un servizo tan importante coma este” matizando sobre todo “cando hai persoas en lista de espera que precisan desta axuda para mellorar a súa autonomía”.

Teijeiro  urxiu aos socialistas a que recapaciten sobre o número de horas que deixan sen consumir “por consideralo moi elevado”. A popular manifestou que se ben “é sensato deixar algunhas disponibles, por si hai que atender algunha emerxencia, é igual de insensato deixar sen consumir, de forma periódica,  unha porcentaxe delas de  case un 10%”. A popular considera que “esta política de xestión é un despropósito e que non se axusta á realidade sobre todo cando se está deixando de prestar un servizo deste tipo”.

 A popular pide aos socialistas  que aceleren a lista de espera do SAF xa que “no vindeiro mes de xuño o Concello de Lugo contará con 3.000 horas máis que se sumarán ao paquete mensual que Lugo ten asignado”. Das actuais 9.496 horas ao mes para axuda a domicilio pasaremos ás 12.496 horas mensuais, indicou Teijeiro.  A concelleira do PP Mari Teijeiro lamentou que “tendo os medios humanos e económicos para mellorar e axilizar esta prestación, de forma inexplicable, os socialistas deciden non consumir o total das horas mensuais do SAF que vén concedendo a Xunta”.

Teijeiro estima que con esta nova asignación e deixando un mínimo de horas sen consumir se reduciría nun 30% a lista de espera”. A popular fixo este cálculo  tendo en conta as 70 horas ao mes que como máximo se conceden a grandes dependentes pola prestación do SAF.

“Xa non hai disculpas para axilizar a lista de espera e ofrecer esta axuda o máis axiña posible aos vecinos que a demandan” concluiu a edil popular. 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies