O Partido Popular esixe unha solución inmediata para “garantir o confort térmico na escola infantil Gregorio Sanz na que, ao longo desta semana, estiveron a máis de 30 graos”. Dende o Grupo Popular explican que o grave desta situación é que o bipartito tiña coñecemento de que había problemas de climatización nestas dependencias municipais dende o ano 2017”.
Desta volta foi CC.OO quen alertou das condicións nas que estaban os cativos do centro “o primeiro escrito dirixido ao concelleiro do BNG responsable de educación remitíronllelo o mércores día 13 e reiteraron esta denuncia o Xoves 14 que foi cando se fai unha inspección da situación”.
Para o PP, ainda sendo conscientes de que vivimos unha vaga de calor, consideran que non é de recibo que “cos antecedentes que hai nesta escola o bipartito non tomase medidas, nos últimos cinco anos, para solucionar esta problemática”. “Non se pode ter a meniños e traballadores con estas temperaturas xa que poderían correr risco de deshidratación ou golpes de calor” puntualizan.
“O que sucede é unha mostra da deixadez absoluta e dunha falta de xestión brutal” matizando que “presentaremos unha iniciativa para que aproveitando que o centro se pecha en agosto se acomentan as obras necesarias para conseguir un mínimo confort térmico”. “Mentres tanto, para o resto do mes de xullo reclamamos unha solución provisional”.
Para o Partido Popular “o bipartito non pode alegar descoñecemento porque hai cinco anos os pais puxeron en coñecemento do goberno local os problemas que tiñan de climatización nesta escola infantil e “non fixeron nada para solucionalo poñendo en risco aos alumnos e tralladores do centro”. “O que sucede neste centro é que pola mala climatización se alcanzan elevadas temperaturas en verán moi elevadas e moi baixas no inverno xa que a calefacción en moitas das aulas non funciona” puntualizou a popular.
Por último recriminan que PSOE e BNG se poñan como exemplo de gobernos que aplican técnicas bioclimáticas e de enerxías renovables cando en numerosos edificios públicos hai problemas debido a mala climatización recordando “os problemas de frio/calor da 3ª planta do Uxio Novoneyra”