Cultura

O PP denuncia que por falta de mantemento contidos dixitais básicos dos Museos Municipais están fóra de servizo

By 13 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Os populares comprobaron como “na Casa dos Mosaicos levan un mes, con problemas de iluminación o que impide ver os restos arqueolóxicos e que o vídeo explicativo da Domus romana non funcionou en agosto e, agora, leva un mes fóra de servizo; ademais no Centro de interpretación da Muralla, no Centro Arqueolóxico de San Roque e na Sala Porta Miña fallan diferentes proxeccións”

O Partido Popular considera lamentable que “pola desidia dos nacionalistas os turistas que, dende o pasado mes de decembro, visitan a Casa dos Mosaicos non poden ver o vídeo explicativo porque está fóra de servizo”. “Se temos en conta que o discurso museístico da Casa dos Mosaicos se basea na reprodución desta proxección sobre a Domus Romana é escandaloso que pese a que están advertidos non se molestasen en reparar esta deficiencia”. A edil remarca que “para completar este despropósito os que se achegan á Casa dos Mosaicos tampouco poden ver ben os restos arqueolóxicos porque hai fallos na iluminación”

Para os populares a proba de que hai un grave problema da xestión e o mantemento destes museos e salas de exposicións municipais “témola en que este problema se repite tamén no Centro de interpretación da Muralla, no Centro Arqueolóxico de San Roque e na Sala Porta Miña onde tampouco funcionan diferentes proxeccións”.

A concelleira popular Beatriz Vázquez afirma que é “unha vergoña a inacción do bigoberno” asegurando que “esta desidia non pasa desapercibida polos que visitaron estas dúas dotacións culturais” e como proba achegaron “diferentes comentarios publicados en redes sociais”. “Observamos que non se cubren as expectativas e cabrean a algúns dos turistas” resumiu Beatriz Vázquez.”.

Para Beatriz Vázquez “de nada serve que recentemente se ampliaran os horarios dos museos municipais cando hai constantes problemas nos contidos dixitais que son a base destas infraestruturas”.

Pola súa banda o voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo insinuou que a responsable nacionalista da xestión cultural parece esquecer as súas responsabilidades no concello “todo apunta a que a súa renuncia á dedicación do Concello para cobrar da Deputación ten consecuencias en servizos municipais como estes”. Carballo explicou que “neste caso en seis meses foi incapaz ou ben de decatarse do que pasa na Casa dos Mosaicos e no Centro de Interpretación da Muralla, ou ben de arranxar a maquinaria que non funciona” polo que lle pide “que atenda as súas responsabilidade ou que sen on deixe paso a outros”

Os populares tamén aproveitaron para demandar un mellor mantemento e difusión das fiestras arqueolóxicas que dependen do concello “os nacionalistas de Lugo deberían ter máis coidado o museo romano que temos á vista”. Para o Grupo Popular sería preciso un mantemento periódico para que se poidan visibilizar os restos que hai tanto na rúa das dulcerías como na Rúa Nova xa que, a día de hoxe, son os comerciantes do entorno os únicos que se preocupan do seu estado exterior.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies