Medio Ambiente

O PP denuncia que só se impuxo unha multa en dous anos por non recoller excrementos de cans

By 31 Maio, 2017Sin comentarios

 A concelleira popular Ana López Pombo afirma que “o feito de que dende maio de 2015 só se sancionara a un propietario por deixar na vía pública as deposicións do seu animal certifica o abandono e despreocupación dos socialistas por este problema”

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Ana López Pombo denuncia que a alcaldesa só leve imposto unha única sanción dende o inicio de mandato por non recoller os excrementos animais da vía pública.

Nese senso, a edil popular explica que “ata o mediodía de onte” non constaba ningún decreto asinado por este concepto, o que certifica “a absoluta despreocupación e o notable abandono que os socialistas exhibiron a este respecto”. Así, “a única multa por esta cuestión” non se produciu ata o día 14 de marzo de 2017 ás 17:10 horas, circunstancia “que contrasta co lamentable estado no que se atopan as vías da cidade”, con zonas que “van camiño de ser intransitables por culpa da falta de acción do goberno local”.

A xuízo de López Pombo, a sanción demostra “o que tantas veces dixemos dende o Grupo Municipal do Partido Popular, que é que se Lugo está trufado de deposicións animais é porque a alcaldesa o permite, dado que ten as ferramentas legais ao seu alcance para impedir esta situación”. “O que calquera veciño se pode preguntar, á vista deste decreto, é por que en todos os meses anteriores non se foron castigando estas condutas incívicas”, reflexiona a popular, para quen “se ben é certo que este problema xa existía á chegada de Lara Méndez ao Concello, o seu pasotismo o único que fixo foi agravar a situación”.

Sancións ridículas.-

Por outra banda, a edil popular cualifica de “insuficiente” o importe da sanción imposta por esta actuación “que non nos esquezamos, acadou unha envergadura incompensible dende o punto de vista da hixiene, da salubridade e incluso dos receos que está a espertar cara a todos os animais a conduta incívica dalgúns dos propietarios”. Nese senso, explica que “aínda que a lei faculta ao Concello para multar con contías entre os 60 e os 750 euros, o certo é que a alcaldesa optou por un importe que se aproxima ao mínimo legal” ao supoñer 80 euros se o sancionado abona a sanción nos primeiros cinco días e 100 euros se o fai transcorrido ese período.

Paralelamente, López Pombo censura o “calendario de multas á carta” que deseñou a alcaldesa, “máis pensado para saír nos medios de comunicación que para dar resposta ás preocupacións veciñais”, xa que “o que está a transmitir é que só hai que manter a cidade limpa dúas semanas ao ano”.

Por último, a edil popular alerta de que “se a alcaldesa non corrixe de xeito inminente a situación, non deixará de agravarse ante a ausencia de chuvias e a chegada do verán”. “Pero moito nos tememos que, coma en moitos outros asuntos, Lugo seguirá sen alcalde tamén para atallar o problema das feces caninas”, conclúe.  

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies