Os populares desvelaron que no que levamos de 2019 “a media de resolución das licenzas para reformas, rehabilitacións, construcción de vivendas ou explotacións gandeiras ou agrícolas nas 54 parroquias de Lugo é de 526 días”
O Partido Popular lamenta os continuos obstáculos que o bigoberno lle está a por aos veciños e veciñas do rural de lugo para mellorar as súas vivendas ou explotacións gandeiras e agrícolas. Segundo o concelleiro popular Manuel López “os datos que avalan esta realidade son claros: en Lugo tárdase unha media de 526 días para resolver unha licenza para reformar, legalizar ou executar obras nas 54 parroquias do municipio”.
Os populares queren que se reforce o servizo para desatascar este “cuello de botella” xa que “o 81.5% das peticións resoltas no que levamos deste exercicio corresponden a expedientes do ano 2017 (20 solicitudes) e do ano 2018 (34 solicitudes). “Este atasco na xestión de licenzas de obras no rural é preocupante xa que provoca un escenario de parálise económica e frea novos proxectos” afirmou López.
Dende o Grupo Popular acusan ao bigoberno de “facer moitas promesas de que van a acabar coa desigualdade entre o mundo urbano e o rural cando a realidade é distinta”. Os populares ironizan “como se vai a acabar co despoboamento cando os gobernantes de Lugo tardan case dous anos e medio en tramitar reformas ou rehabilitacións en vivendas rurais así como ampliacións ou construcións de construciós agrícolas”. López pide ao bigoberno que “se deixe de defender de boquilla ao rural e cumpran a lei resolvendo en tres meses as licenzas de obra”. O edil popular insistiu en que “o rural só é protagonista para a alcaldesa en período electoral pero, cando se trata de facilitar e mellorar as explotacións e vivendas dos seus veciños e veciñas, todo son trabas” sentenciaron.
Outro aspecto que afecta á política urbanística no rural é o 5% do PXOM que está pendente de aprobar e que afecta a un total de 160 núcleos “onde non é posible solicitar licenzas”. “Estamos a falar de 23 anos para facer este trámite que nos leva custado 750.000 euros” matizando que
Manuel López concluía que “o retraso nas tramitacións de licenzas é un exemplo claro de que non lles importa que as parroquias de Lugo”. medren”.
O popular lamenta que “no proceso de desaceleración económica que vivimos é unha irresponsabilidade que o bigoberno non sexa capaz de axilizar estes trámites”. López explicou que coas 65 licenzas que se aprobaron ao longo de 2019 xerouse un volume de negocio de 4 M€.
Lopez manifestou que “a situación no departamento de urbanismo sería moito peor se non fose pola profesionalidade dos que traballan nesta área que sacan adiante todo o traballo que poden malia a desfeita e falta de dirección política do bigoberno”.