#LugoaExameCultura

O PP denuncia un ano máis que os paneis interactivos dos museos municipais non funcionan

By 17 Agosto, 2023Sin comentarios

• Os paneis táctiles da rede de museos municipais seguen sen funcionar, a maioría das máquinas están avariadas e locen o cartel de fóra de servizo.

• Esta situación xa se denunciou en numerosas ocasións, pero ao goberno local segue sen importarlle. Os populares lamentan a falta de traballo e interese do goberno local por arranxar estes elementos interactivos que provoca que os turistas marchen da cidade sen poder acceder a todos os contidos destes museos que presentan o patrimonio da cidade.

• Dende o Grupo Municipal Popular lamentan “as constantes escusas”, xa que nun primeiro momento o goberno local asegurou que “as pantallas non funcionaban xa que estaban desconectadas por cuestións sanitarias derivadas da covid e agora vemos que ou están avariadas ou obsoletas”

• Nestes días a afluencia de turistas que se achegan a Lugo é alta, debido en boa parte á promoción que fai a Xunta de toda a provincia, pero o bigoberno de Lugo lonxe de ofrecer contidos atractivos aos turistas continúan coas deficiencias nos museos municipais que poñen de manifesto a falta de interese no turismo de calidade .

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies