Infraestruturas

O PP denuncia un novo parche no Soto da Praza de Abastos pola falta de xestión dos socialistas

By 23 Xuño, 2017Sin comentarios

A concelleira popular Isabel Devesa afirma que “de novo, pola súa parálise e nula capacidade de consenso para sacar adiante o orzamento, o goberno socialista vese obrigado a recorrer a novas subvencións para financiar obras mínimas para acondicionar este espazo que, neste momento, presenta un estado de abandono e inseguridade”.

O Grupo Popular lamenta que pola falta de previsión e parálise do goberno socialista quedara inacabado o Soto da Praza de Abastos e que, agora, o goberno local teña que recorrer a novas subvencións para “facerlle un lavado de cara”. Devesa acusou aos socialistas de desaproveitar a oportunidade que lle brindou o Urban para reformar este espazo.

Os populares afirman que a proposta  de habilitar unha partida de 28.834 € para pintar e facer unhas mínimas actuacións que garantan a súa seguridade “é un novo parche que evidencia a nefasta xestión que fixeron os socialistas dos fondos europeos do Urban, tiveron diñeiro suficiente para facer esta reforma pero foron incapaces de xestionar de forma responsable e eficaz o programa”. “Neste momento a planta baixa da Praza de Abastos presenta unha imaxe de abandono absoluta, está desmantelada con cables e contadores á vista” matizou a popular quen engadiu que “dende o ano 2015 está nesta situación malia as denuncias de usuarios, comerciantes e do propio Grupo Popular”.

Devesa destacou que “unha vez máis a alcaldesa de Lugo e a concelleira de economía recoñeceron expresamente, na Mesa Local de Comercio que se celebrou esta mañá, que a obra do Soto da Praza de Abastos quedou “inacabada e é inutilizable e insegura”. A popular tamén manifestou que o goberno era plenamente consciente de que se trataba dun espazo “dos máis demandandos para levar a cabo diferentes actividades de dinamización de asociacións e cidadáns lucenses”.

Os populares denunciaron en reiteradas ocasións que sospeitaban de que a instalación eléctrica deste equipamento estaba sen legalizar consideranto “unha tomadura de pelo” a xustificación do goberno local sobre os motivos polos que estaba parada esta obra xa que continúan insistindo en que “non teñen persoal, dende hai dous anos, para informar o proxecto técnico desta instalación”. Devesa tamén lamentou  que utilicen esta excusa sobre todo tendo en conta que foron os socialistas os que “deliberadamente” desmantelaron o servicio electromecánico.

Dende o Grupo Popular advertimos, dende o primeiro minuto, da nefasta xestión das obras de reforma da Praza de Abastos lembrando que ao dividir a única fase prevista en dúas provocaba que se deixaran no tinteiro diferentes actuacións que deberían formar parte da primeira etapa do proxecto. Devesa puntualizou que nesta intervención  se detectaron problemas de execución “xa na primeira fase houbo que repintar, tiveronse que solucionar problemas na escaleira de acceso onde faltaba por colocar elementos de protección e chapas que  se desprenderon …”.

Os populares tamén advertiran que a baixa de 600.000 euros no orzamento de licitación de 1,6M€ podería ter repercusións tal e como o tempo está a demostrar “seguimos cun equipamento sen rematar, sen poder utilizar e con novos parches que moito nos tememos non serán os últimos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies