A concelleira do Grupo Popular Mari Teijeiro explicou que, a estas alturas do curso, ningún dos 406 estudiantes do segundo ciclo de infantil, beneficiarios directos destes vales canxeables de 80 €, percibiron as axudas
O Grupo Popular denuncia que logo de algo máis dun mes de que comezasen as clases, as familias de Lugo seguen á espera da resolución do Concello para a adxudicación dos cheques escolares municipais. A concelleira do PP Mari Teijeiro lembrou que se trata dun vale canxeable por libros de texto e material educativo que se concede a familias con rendas moi axustadas “cuxa renda per cápita neta anual non supere os 5.000 €”. A popular pide axilidade na tramitación desta axuda que supón “un apoio económico para familias,con nenos de 3 a 5 anos de idade, con rendas moi axustadas”.
As bases que regulan estas axudas publicáronse nun decreto do pasado 5 maio e a convocatoria, a cal se presentaron 612 peticións, abriuse entre o 12 de xuño ao 1 de xullo. As listas provisionais publicáronse o 4 de setembro cun prazo de dez días para para presentar alegacións. O Concello comprometeuse nunha nota informativa colocada nos taboleiros de anuncios que “unha vez finalizado o devandito prazo procedería a publicación definitiva dos beneficiarios e a entrega dos vales”.
A concelleira popular considera “grave e inxustificable que pasara un mes dende este anuncio e que ainda non se coñeza nin tan sequera a listaxe definitiva das familias que recibirán o vale pese a que hai unha consignación prevista de 36.500 €”. Teijeiro reflexionou “a ineficacia do goberno local podería provocar, de forma colateral, a discriminación dos nenos que esperan polos vales xa que ao non ter o material en tempo quedan maracados diante dos seus compañeiros”.
Os perxuizos desta falla de previsión tamén afecta tamén ás librerías de Lugo xa que hoxe mesmo tiñan como data límite para facer a devolución ás editoriais do material reservado”. Mari Teijeiro indicou que “a falla de dilixencia do goberno local está complicando tramitacións dun proceso que debería estar a estas alturas pechado” indicando que a data límite para xustificar as compras con cheques é dentro de quince días.