Obras

O PP denuncia a chapuza na reparación dos baches da Avenida de Magoi

By 30 Outubro, 2016Novembro 3rd, 2016No Comments

O concelleiro popular Antonio Ameijide critica que para tapar as fendas desta vía, feita con asfalto de formigón, se utilizase grava advertindo que “en poucos meses se vai soltar e terán que volver a arranxala”.

O edil do PP explicou que “malia que o traballo se levou a cabo hai unha semana, o material que se botou segue solto”. “Os pegotes que salpican agora o pavimento de Magoi  delatan unha mala execución propia da política de parcheo que caracteriza a xestión dos socialistas” puntualizou Ameijide. O popular explicou que a reparación dunha vía de asfalto de formigón debería realizarse cun material das mesmas características “xa que requiren un menor mantemento e o seu periodo de vida útil é moito maior”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies