InfraestruturasPolicia

O PP destaca a súa iniciativa para que a nova Comisaría de Lugo sexa unha realidade e lembra que segue traballando polo compromiso de levar esta dotación á zona norte

By 24 Febreiro, 2024Sin comentarios
  • Os populares lembran que, por iniciativa do PP, se puxo en marcha a maquinaria administrativa para impulsar esta dotación “conseguimos que viñeran en decembro os técnicos do Ministerio do Interior para analizar as tres posibles ubicacións, seleccionaron a parcela e agora só queda que o concello cumpra a súa parte”

 

  • Dende o PP aclaran que “se agora está bloqueado o proxecto para construír a nova Comisaría da Policía Nacional é pola falta de traballo do goberno local que aínda non tramitou a cesión das parcelas que teñen que pasar pola aprobación do pleno, un paso esencial para avanzar no proxecto”

 

  • Outros proxectos paralizados por falta deste trámite son o Centro de saúde do Sagrado Corazón ou a construción de máis vivenda pública. En ambos casos a administración autonómica continúa á espera de que o concello lle entregue os terreos

 

SÁBADO 24 DE FEBREIRO DE 2024

 

O Partido Popular levará ao vindeiro pleno unha pregunta para clarificar onde decidiu o goberno de Sánchez construír a nova Comisaría da policía nacional.

 

Os populares piden concreción sobre a ubicación lembrando que xa pasaron máis de dous meses da visita realizada polos técnicos do Ministerio para analizar as tres alternativas que había sobre a mesa: o edificio de obras públicas ou as parcelas municipais do Castiñeiro ou Abella.

 

Se houbera unha vontade real e se para o goberno local fose unha prioridade que Lugo teña unha nova Comisaría debería estar xa tramitando a cesión da parcela municipal seleccionada.

 

Os populares, dende o primeiro momento, amosaron a súa predisposición a calquera alternativa sempre que fose áxil a construción e cubrise tanto as necesidades da ciudadanía como dos axentes da policía, tal e como explicaron no pleno de novembro de 2023 na iniciativa que defenderon no pleno.

 

Hai que lembrar que a proposta que presentou o PP en pleno con varias ubicacións para construír a nova comisaría foi fundamental para conseguir que o goberno  local asumira o compromiso de construír esta dotación na zona norte.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies