O voceiro do Grupo Municipal Ramón Carballo manifestou que é moi importante o esforzo inversor do goberno autonómico para impulsar proxectos “fundamentais” para o concello de Lugo como é a intermodal para a cal se orzamentan máis de 1M€
O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo explicou que Lugo “vaise beneficiar” de máis de 80M€ para proxectos con nomes e apelidos entre os que destacaron os 10.191.597M€ para infraestructuras nos que inclúen partidas que suman 1.037.784 € para o proxecto da intermodal, 500.000€ para avanzar no Plan Paradai e 300.000€ para iniciar a Ronda Leste ou os 7,9M€ da conversión do corredor Nadela-Sarria así como os 453.813 € que achega para a mellora da eficiencia das redes de abastecemento.
Ademáis o Hospital Lucus Augusti beneficiarase dunha partida que se habilitou de máis de 10.334.225 M€ para a actualización e a renovación de equipamentos sanitarios no HULA. En concreto trátase da renovación de tres TACs; incorporar unha nova gammacámara, un novo equipo de braquiterapia e un novo equipo de anxiografía neurorradiolóxica e, ademáis, se dotará ao HULA dun equipo de tomografía por emisión de positróns que será o primerio que se instale na provincia. Outra partida do SERGAS é a da mellora do firme e vías de acceso do HULA.
Outras partidas destacadas da consellería de sanidade son os 727.000€ para o programa de coordinación da inspección e laboratorio de saúde pública; así como os 248.442 € para programas de control e erradición da enfermidade da Encefalopatía Esponxiforme.
Tamén hai achegas importantes para rematar cos proxectos iniciados e completar dotacións no barrio da residencia como por exemplo os 6.245.748€ que orzamentan para o primeiro Centro de Saúde Integral de Galicia o e os 654.000 € para o edificio da central de biomasa do barrio da residencia.
Os populares ven moi positivo que o goberno galego tamén contemple outras partidas de 3.282.317 € para a promoción do Camiño Xacobeo así como tamén 1.471.200€ para a remodelación da rede de centros de coidados de longa duración e os 440.000 € para a rehabilitación de vivendas, dentro do programa Rexurbe.
En materia de educación os populares lembran como a cidade de Lugo é a zona educativa con máis proxectos previstos de toda Galicia con actuacións en marcha por un importe de 8,26M€ e outros comprometidos por un importe de 2,4M€ ata 2021 que abrangue a rehabilitación dos colexios de Paradai e Anexa e de os institutos Ánxel Fole, Lucus Augusti e Ollos Grandes así como tamén a conversión da actual Facultade de Formación do Profesorado nun novo instituto. A todas estas intervencións hai que engadir que, no eido universitario, o Campus Terra contará cunha achega económica extraordinaria.
Para resumir o Grupo Municipal afirma que “se trata dunhas contas feitas con criterio, axustadas ás necesidades dos lucenses e que responden a unha folla de ruta programada na que se estableceron unhas prioridades claras”. “O presidente da Xunta sabe que non queremos unhas contas que se queden en papel mollado ou se retrasen indefinidamente como sucede en Lugo con calquera proxecto ou investimento que depende exclusivamente da alcaldesa”, explicou, nunha clara alusión a proxectos inacabados como a praia fluvial ou a unión dos paseos do Miño e do Rato.