InfraestruturasUrbanismo

O PP desvela que a nova Lei do Solo desbloquea o aparcamento do HULA

By 14 Marzo, 2016Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira explicou que “os urbanizables que hai na zona, ao estar dentro do 5% do PXOM pendente de aprobar, pasan a considerarse solo rústico puidendo utilizarse para estacionamento de vehículos ao aire libre

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, desvelou que a entrada en vigor da nova Lei do Solo podería permitir a construción dun aparcamento público no entorno do Hula. Castiñeira explicou que “o urbanizable municipal que linda co complexo hospitalario pasará a considerarse solo rústico polo que se autoriza habilitar  una zona de estacionamento ao aire libre”. O voceiro popular destacou que “deixaría de ter as limitacións actuais como suelo urbanizable de protección de infraestructuras no cal no se permite o uso de aparcadoiro”.

Castiñeira avanzou que o seu Grupo rexistrou unha iniciativa para debater no vindeiro pleno municipal na que “insta ao goberno local a que, dacordo coa nova Lei do Solo que entrará en vigor o sábado 19 de marzo, se inicie canto antes o estudo e se procede a construción dunha zona de estacionamiento público e gratuíto nos terreos propiedade do Concello situados no entorno do HULA”

O voceiro popular espera que “a Deputación estea agora igual de receptiva que nas eleccións e financie esta obra, como mínimo, cos 100.000 € que comprometeu o ente provincial para o leiraparking de Orozco no ano 2011”. De feito na iniciativa que se levará ao vindeiro pleno se inclúe un punto reclamando á Deputación de Lugo unha axuda da económica similar á prometida en campaña electoral.

O voceiro do Grupo Popular anima ao goberno local a ser proactivo, a ir por diante e a aproveitar todas as posibilidades que ofrece a nova lei de solo que entra en vigor dentro dunha semana “é o momento de demostrar que somos unha cidade que está en movemento, que non se queda atrás” salientou Castiñeira. Nese senso o popular brindouse a traballar “codo con codo” co goberno de Lugo porque considera que “merece a pena estudar a incidencia no urbanismo de Lugo da nova lei do solo”. O popular engadiu que  hai que evitar novos lastres como “o bloqueo da aprobación do 5% do PXOM paralizada pola inacción do goberno socialista dos últimos 17 anos” .

Lembrar que os populares rexistraron, o pasado venres, un rogo para que se convoque de forma urxente a Comisión de planeamento co obxecto de analizar a incidencia da Lei do Solo no urbanismo do Concello “xa que son moitas as posibilidades de desenvolvemento que ofrece de cara ao futuro desenvolvemento urbanístico do noso municipio” concluiu Castiñeira.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies