A alcaldesa de Lugo e o concelleiro de deportes mentiron cando o pasado día 30 de xullo visitaron o campo do Polvorín para anunciar “o comezo inminente da obra cando a día de hoxe, 19 de agosto, nin tan sequera está rematado o proceso de adxudicación”
Nese acto a alcaldesa explicaba que arrancaban os traballos da renovación do céspede destas instalacións “cando ainda non estaba o proceso rematado, non había adxudicatario, nin contrato asinado, é máis, a mesa que se celebrou o 22 de xullo excluía, por razóns técnicas, a unha das ofertas e pedían informe”
Os populares están preocupados pola “capacidade visionaria de Alvarellos” xa que “é inexplicable que coñecera o adxudicatario cando a Mesa de Contratación non” engadindo que “na acta se pode comprobar como había máis dun licitador e a rexedora, nas declaracións que fixo públicas, xa elixiu a unha empresa cando faltaba un informe para adxudicar”
Os populares tamén lamentan a lentitude e a falta de xestión do goberno local xa que “desde o pasado seis de maio, data na que o goberno local contrata un préstamo de 13,5 M€ para afrontar aos investimentos comprometidos nos orzamentos do 2024, ben puideron ter iniciado o proceso e executar as obras aproveitando os meses de xullo e agosto onde non hai actividade deportiva, nin académica”.
Hai que lembrar que o uso destas instalacións é compartido por un centro escolar e asociacións deportivas polo que “o lóxico sería ter aproveitado o tempo no que non hai estudiantes nas aulas para facer as obras comprometidas”.