PersoalServizos xerais

O PP desvela que as liortas internas entre Lara Méndez e Rubén Arroxo provocan que non se cubran as baixas de persoal nas áreas xestionadas polo BNG

By 22 Marzo, 2023Sin comentarios

Os populares esixen a Lara Méndez e Rubén Arroxo que deixen a un lado as liortas internas do bigoberno para poder dar un servizo axeitado aos lucenses

Hai tempo que dende o PP fixeron público o desencontro entre Lara Méndez e Rubén Arroxo, que os levou a ter unha relación máis que tensa e que se evidenciou en asuntos como as barracas de San Froilán en 2021 ou más recentemente co suposto peche de ‘Las Palmeras’.

Pero o último capítulo ata o de agora é que Lara Méndez, para danar a imaxe pública de Rubén Arroxo, deu orde de que non se cubran as baixas de persoal que se producen nas áreas xestionadas polos nacionalistas para que colapsen e o que en realidade está conseguir é “empeorar o servizo que se dá aos lucenses que cada día acoden ao concello a realizar as súas xestións”.

Un exemplo desta situación é o servizo de atención ao cidadán. Ten que haber catro traballadores, pero dous están de baixa e un terceiro ten unha redución de xornada. O resultado é que entre dúas persoas atenden a unhas 120 persoas diarias de media o que provoca que se produzan colas e, en moitos momentos, colapse o sistema.

Ante esta situación, os populares esixen a Lara Méndez e Rubén Arroxo que deixen a un lado as súas liortas internas xa que “os lucenses queremos unha administración áxil e que funcione, non o que temos na actualidade, un concello ao que entras cun problema e saes con dous”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies