O PP afirma que a súa sospeita de que o goberno local “fai a vista gorda ao problema dos excrementos caninos na rúa é totalmente certa” logo de coñecer que durante os anos 2019 e 2020 non puxeron nin unha soa multa a propietarios incívicos que deixaron feces das súas mascotas en espacios públicos.
A concelleria Beatriz Vázquez explicou que “non é de recibo a permisividade que ten este bigoberno con este tema”. “O único que fixeron hai tres anos foi unha campaña de sensibilización, unha acción que nos parece positiva pero que ten unha efectividade moi limitada e a curto prazo se non vai acompañada doutros reforzos”, aclarou.
A edil advirte que o problema continúa provocando ademáis de molestias para a veciñanza, problemas de salubridade e unha mala imaxe da cidade”
Outros datos:
En Lugo hai 3.342 perros inscritos no rexistro municipal do concello e deles 436 son de razas perigosas
En 2 anos se impuxeron un total de 116 multas:
- 9 por ir sen correa
- 7 por ir sen bozal
- 6 por carecer de licencia municipal
- 4 por no tener seguro
- 33 por non ter o can con microchip
- 32 por outras causas
- 5 a propietarios de perros de razas perigosas por non cumprir coas especificacións propias destas razas
A policía local tramitou 2 atestados por maltrato animal e se enviaron dous informes á Xunta.