Tráfico

O PP desvela que Lara anula o nomeamento do instructor de multas por temor ao xuzgado

By 17 Novembro, 2016Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular afirma que a alcaldesa “viuse obrigada a revocar o nomeamento do instructor de sancións, que ela mesma asinou en marzo” acusándoa de “irresponsable” por designar para esta función a un axente que non tiña a categoría legalmente esixida”

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide desvelou que a alcaldesa anulou o nomeamento do instructor de sancións que ela mesma designara, o pasado 7 do mes de marzo, pese a existir informes contrarios. Antonio Ameijide explicou que a Xefa de Persoal alertou o 27 de abril da irregularidade deste nomeamento por considerar que “as funcións que desenrolaba esta persoa non se axustaban á normativa”.

Os populares afirman que ao anular este nomeamento o goberno local debe explicar varias cuestións: a primeira, de tipo económico, é  informar se o Concello terá que asumir o 1,6 millóns de euros das multas, que se estiman se cobraron neste periodo. Ameijide pregúntase que “se o feito de anular o nomeamento podería deixar sen efecto as sancións que este axente puxo durante os meses que asumiu a función de instruir as multas de tráfico”. Nese senso, dende o PP recomendan a aqueles que pagaran unha multa nos últimos meses ou os que o fagan nas próximas semanas ou meses, que garden o xustificante bancario de ter realizado o abono “xa que é probable que acaben recuperando o seu diñeiro”. O segundo aspecto a aclarar, relativo á xestión do servizo, é saber “quen se vai facer cargo, arestora, desta función que dende onte non ten ningún responsable encargado”.

O vicevoceiro popular explicou que “desta volta, nin co amparo da Directora Xeral de Persoal foron capaces de xustificar esta decisión”. Ameijide subliñou que “só o temor a que esta cuestión acabe  nos xulgados os obrigou a rectificar”.

Antonio Ameijide indicou que “é lamentable que o goberno local se teña que enmedar a se mesmo” pese a estar advertido previamente do seu erro” criticando que “polémicas na política de persoal que deberían ser extraordinarias estanse a convertir nalgo ordinario e innato deste goberno socialista”. “Lonxe de afastarse da política de persoal da axencia de colocación de Liñares e Orozco o actual equipo de Lara segue os mesmos pasos que os seus antecesores” concluíu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies