Servizos sociais

O PP desvela que Lugo é unha das 2 cidades galegas que retrasa a construción dunha nova Escola Infantil

By 22 Febreiro, 2017No Comments

A concelleira Mari Teijeiro lamenta a “falta de axilidade” na formalización da cesión dos terreos para facer esta dotación xa que noutras cidades, beneficiadas por este mesmo convenio, como en A Coruña, o Ferrol e Melide, as garderías xa funcionan este curso académico, e en Santiago e Ourense, están en construción”

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo valorou de forma positiva que “tras cinco anos do anuncio do convenio entre a Xunta e a Fundación Amancio Ortega para financiar 9 Escolas Infantiles en Galicia, por fin, o goberno socialista  anuncia hoxe a cesión da parcela onde se prevé construir a nova gardería en Lugo”.

A edil popular Maria Teijeiro lamentou a lentitude coa que se tramitou este expediente ironizando que “se esta é a celeridade coa que se traballa con proxectos prioritarios e servizos esenciais, como e en que prazos resolverán outras cuestións”.

Os populares indicaron que noutras cidades adheridas a este convenio, como A Coruña, Ferrol ou Melide, xa se executaron as obras no mandato anterior e neste curso académico as Escolas Infantís xa están funcionando. Noutras cidades, como Santiago e Ourense están xa construído as súas respectivas Escolas Infantis; e en Arteixo xa está prácticamente rematada a obra polo que “quedan totalmente descolgadas as dotacións de Lugo e Vigo”.

Os populares lembran que no ano 2012,  se asinou o convenio de colaboración da Xunta con esta institución privada para construir 9 escolas infantís en Galicia, criticando que “o goberno socialista malia que leva prometendo, campaña tras campaña, esta dotación estivese anos agardando, tanto tempo, para ceder os terreos necesarios para a súa execución”. “A despreocupación e a falta de proxecto de cidade priva, desta volta, aos nenos e nenas de Lugo de estar xa gozando desta da nova gardería”, concluiu a concelleira popular.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies