O voceiro popular Ramón Carballo insiste en pedir á alcaldesa “que audite todos os recibos da auga emitidos nos dous últimos anos” que foi cando se detectaron os primeiros erros na lectura dos contadores como consecuencia do desmantelamento brutal que fixo o bigoberno neste servizo
O Grupo Popular insiste en que é necesario que a alcaldesa de Lugo dea a orde de auditar todos os recibos da auga que se emitiron nos últimos dous anos. O voceiro popular Ramón Carballo fixo esta petición logo de comprobar que seguen chegando reclamacións de sobrecustes por erros nas lecturas de contadores “un problema que o bigoberno arrastra dende hai dous anos e que lonxe de solucionarse segue sendo unha realidade que afecta a un gran número de lucenses”.
O voceiro popular matizaba que “proba delo é que no último informe da Comisión de Suxerencias, correspondente ao mes de decembro, segue o goteo de peticións de veciños para que lles devolvan o cobrado de máis no recibo da auga: de 39 queixas recibidas 16 corresponden a importes excesivos de auga”.
Os populares explican como outro clásico da comisión son as queixas pola situación dos colectores xa que “moitos teñen o sistema de apertura estragado dende hai meses” recriminando a contestación mecánica do goberno local que despacha as peticións dos lucenses “indicando que estamos na recta final da renovación do contrato do lixo” e apuntan a que “ata daquela aprazan tanto a substitución dos colectores deteriorados como a distribución deste recipientes cando saben que este contrato ainda está lonxe de materializarse”. Os populares tamén se preguntan cando van a instalar os colectores que anunciaron unha cifra moito menor que a que solicitou o PP que reclamou como mínimo 200 unidades”.