EconomíaTransparencia

O PP desvela que o bigoberno bate o récord de reparos de legalidade ao permitir o pago de máis de 25M€ no que vai de ano

By 6 Decembro, 2019Decembro 7th, 2019Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo denuncia que tralo último decreto asinado por Lara Méndez xa son 40 os decretos asinados entre a alcaldesa e o vicealcalde para levantar pagos con reparos de legalidade, unha situación que tería que ser extraordinaria pero que, por desgraza, se converteu en habitual no Concello de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, fixo pública cantidade que o bigoberno leva pagado no que vai de ano en reparos de legalidade, 25.193.015.21€, unha cifra que supón un novo récord negativo para o Concello de Lugo, pese ás reiteradas advertencias realizadas dende este grupo municipal e polos propios funcionarios.

Ramón Carballo explica que a situación é aínda más grave ao engadir aos reparos de legalidade os recoñecementos extraxudiciais de crédito que o bigoberno leva mensualmente a cada pleno. “Falamos doutra situación que debería ser extraordinaria e que os socialistas converteron en habitual no concello”, lamentou.

O voceiro popular recorda a necesidade de devolver os servizos municipais sen contrato ou co contrato caducado a unha situación de legalidade para evitar que o interventor siga a formular reparos, xa que estes derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, unha situación que xa ten confirmado nalgún dos informes realizados pola intervención municipal, nos que se sinalaba que se efectuaba os reparos “ben porque tivera finalizado a vixencia os respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies