- A voceira popular explica que “un dos motivos polos que o Partido Popular votou en contra da suba de impostos en Lugo é por unha medida que o goberno local de PSOE e BNG plantexan e que afecta á zona rural.
- “Trátase de 451.424 m2 de solo en áreas de expansión que pagarán como urbanos ainda que non gozarán dos dereitos desa clasificación ata que se esgoten as áreas do núcleo”
- Dentro do solo de núcleo rural hai unha parte moi importante que está catalogada como area de expansión, son máis de 15 millons de metros cadrados de solo. Ata o de agora por estas fincas se tributaban como solo rústico pero unha vez aprobado o 5% do PXOM se pasan a consideran como imobles urbanos e tributarán como tal.
- A confirmación desta situación chega da man do propio goberno que nunha contestación a preguntas do PP recoñece que estes inmobles tributarán cun tipo de gravame urbana.
- Elena Candia avanzou que á vista desta situación o Grupo do PP presentará entre as súas alegacións unha proposta para que se aprobe unha bonificación para os afectados por este cambio.