LUNS 4 DE MARZO DE 2024
– Segundo o informe de morosidade a 31 de decembro de 2023 o Concello tiña sen pagar 1.754 facturas por un valor de 9.145.913M€ sendo destacable que 1.135 destas facturas incumpren o periodo máximo de pago a provedores que segundo marca a lei, está situado en 60 días.
– A voceira do Grupo Popular Elena Candia presentou outras cifras que reflicten que o goberno local suspende en xestión económica tomando como fonte o informe da liquidación de 2023 e explicou que no Concello de Lugo se gasta máis do que se ingresa, e por tanto non cumpre coa estabilidade orzamentaria
– O déficit de financiamento ascende á preocupante cifra de 14,5M€ (antes de axustes)
– O estudo da liquidación tamén confirma, punto por punto, o debate do Partido Popular no pleno da aprobación dos orzamentos cando dicía que “o papel o aguanta todo, e que o que presentaban non era a imaxe fiel da situación económica do concello e así se ratifica vendo como na previsión de ingresos que fixeron para 2023 faltan 18M€ e que, pola contra, gastaron 3,7M€ máis do que preveían”.
– Outro dato significativo é que “en nove anos o bipartito de Lugo dilapidou os remanentes de tesourería o que supón unha mostra clara de que non teñen aforros e que se ven obrigados a recurrir un crédito”.
– O importante do diñeiro público é decidir onde se gasta “gobernar é decidir e o problema da situación económica que vive o concello de Lugo é porque é que se derrochou en proxectos que non aportaron nada a ciadanía” polo que agora a pregunta é “que vai pasar co edificio verde, as caldas ou o carril bici”
– Todo o que en orzamentos deste ano vai relacionado como anexo de investimentos condicionase a unha operación de crédito de 13,5M€, seguindo o modelo socialista nacionalista de “eu invito que paguen os que veñan”
– A xestión dunha administración que non pode manter un equilibrio de gastos e ingresos, que acabou con todos os aforros que tiña, que depende dun crédito para financiar as súas operacións e que demostra unha falta de planificación só se pode calificar de “irresponsable e derrochadora”.
– Os populares tamén lembraron como no mes de xaneiro o goberno local levou facturas a pleno de prestacións e contratos realizados en 2022 e 2023 por un importe total de 914.824,14 € das cales 432.372,02€ tiñan reparo o interventor aclarando que en 2023 a cifra de facturas pagadas con reparos de legalidade que pasaron por pleno ascendían a 6.369.917,43 €
– Para os populares” algo que debía ser excepcional no concello de Lugo é unha práctica habitual subliñando como neste caso afecta a importes de contratos do San Froilán que dependen directamente da área de cultura da que é responsable o BNG”.
– Outros números que nos chaman a atención e que indican que “a situación económica do concello é preocupante son os 30,2M€ de dubidoso cobro”.