- O cese de dúas traballadoras deixa a oficina cunha única auxiliar para atención en ventanilla, que se terá que turnar cun técnico, o que repercutirá nun retraso na tramitación de procedementos como retrasos en pagos de facturación, entre outros
MARTES 18 DE XUÑO DE 2024
- Esta reflexión vén ao fio do cese, este mes, de dúas, das auxiliares administrativas (adxúntanse decretos dos días 14 XUÑO, 7 XUÑO) co que queda unha única persoa en ventanilla no edificio do Concello no Seminario
- “É inaceptable o desmantelamento do Servizo de Augas: primeiro recurtan o persoal da brigada poñendo en jaque a reparación das fugas, e agora deixan a oficina administrativa baixo mínimos con tan só unha auxiliar administrativa que ten que turnarse cun técnico cuxa competencia é tramitar expedientes, restándolle tempo para este cometido”
- Os populares alertan que esta falta de persoal vai retrasar procedementos administrativos como son a xestión da altas, baixas, cambios de titulariedade dos recibos de auga, así como a actualización do padrón e a facturación
- “Se tiñamos un servizo básico pouco dimensionado, agora co estes dous ceses haberá retrasos” manifestando que “se o colapso non é total no Servizo Administrativo de Aguas é grazas a vontade e a involucración dos seus traballadores xa que a realidade é que non hai tempo físico para despachar todo o traballo”
- Pedimos ao goberno local axilidade na previsión da cobertura de prazas nun servizo vital para a cidadanía cuxa responsabilidade é competencia exclusiva municipal.