Economía

O PP desvela un impago de máis de 5.000€ que ten o bigoberno por non aboar a comunidade de veciños e as cotas de obras dun piso social

By 6 Xuño, 2022No Comments

A débeda do bigoberno moroso é por “non aboar os 50€ mensuais dos últimos 19 meses ademais dunha factura de máis 4.000 € en concepto de obras nun inmoble que é propiedade municipal”

O Grupo Popular recrimina que o goberno local non pagase os recibos da comunidade dun piso da súa propiedade, unha cota de obras nuns garaxes, e unha derrama de obras neste inmoble.  A débeda ascende aos 5.100 €.

No relatario da relación de recibos pendentes de cobro está o abono que lle correspondía ao concello da comunidade de 50€ que non se pagou dous meses de 2020, todo o ano 2021 e ata maio de 2022. Tamén deixou de pagar 3.152,98€ dunha cota de obras e 852,66 € por reparacións nos garaxes.

Á vista deste despropósito a concelleira popular Mar Carballas anuncia que pedirá explicacións dos motivos polos que o bigoberno non paga a totalidade do que lle corresponde xa que considera “inaceptable que unha comunidade de veciños teña dificultades para afrontar os seus gastos con garantías a causa dos impagos do concello. “Logo presumen de pagar ao día pero a realidade que viven os veciños de Lugo é outra ben distinta”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies