O Grupo Popular comunicou ao bigoberno que se desvinculan do programa de festas explicando que “non ten sentido que figuremos como parte da organización do programa do San Froilán cando o bng non tivo en consideración nin unha soa das máis de 25 propostas que lles presentamos xa que todas elas caeron en saco roto”.
Os populares acusan aos nacionalistas de practicar “un dobre discurso: cando estaban na oposición pedían participación e agora que tocaron poder esquenceron o significado desta palabra”.
Para o Grupo Popular esta forma de actuar é medidata “non están interesados en facer unha festas de todos senon que queren que teñan o selo nacionalista”.
Os populares explicaron que non é de recibo que para organizar as patronais tan só se lles convocase “dúas veces” e que estamos a menos dun mes de que se celebren sen ter o programa pechado. Para os populares “resulta moi frustante asistir á Comisión de Festas como convidados de pedra” matizando que “se houbese un interese real de facer unhas festas de todos a forma de traballo mudaría por un sistema moito máis aberto e participativo”.