- Mar Carballas explica que “tal e como advertimos hai dúas semanas a situación da gardería Gregorio Sánz segue sendo a mesma. Ninguén do goberno asume responsabilidades e, 12 días despois, seguen sen informar ás familias sobre o futuro deste servizo”
- “É vergoñento que os pais e nais tiveran que pedir por escrito explicacións e, incluso, persoarse no concello porque ninguén daba a cara”
- A popular recalcou que o acordo que PSOE e BNG adoptaron a semana pasada en xunta de goberno non é máis que un parche temporal
- Estamos falando dun conflicto laboral que viña do ano 2015, que se agravou no ano 2019, e o goberno local estaba advertido dende o 2 de setembro de que ían haber problemas e o único que fixeron foi asinar un contrato menor por urxencia para contratar a unha empresa privada, obviando recurrir á bolsa de substitucións.
- Os populares presentarán unha pregunta a pleno para que se expliquen os motivos polos que non se cumpriu o acordo do Comité de Acoso adoptado en xullo de 2022 insistindo en que o conflicto laboral que había no Gregorio Sánz era responsabilidade de persoal e de educación recriminándoles que estiveran anos “miraron a outro lado”
Escola de Música Municipal: un servizo en perigo
- A falta de xestión e previsión do BNG pon e perigo este servizo sen unha solución clara no horizonte.
- Os populares tamén cuestionan o futuro da Escuela de música que a 22 de outubro ainda non se puxo en funcionamento criticando que a falta de xestión dos nacionalistas acabe cun servizo que tiña unha gran demanda.
- Os populares explican que se repite a desinformación aos usuarios, de feito, a Circular Informativa que hai na porta da Escola se pode ler que a previsión é iniciar a actividade académica nos primeiros días de outubro.
Centros escolares sen conserxes
- Outro tema que o BNG é incapaz de solucionar é o da falta de conserxes en centros escolares. Neste momento están sen este persoal no Colexio de As Mercedes (dende xullo) e dende setembro en Casás e o Illa Verde.
Praza de Abastos
- Outro servizo envolto en polémica pola actitude ditatorial e deixadez do BNG é o da Praza de Abastos xa que seguen sen dar resposta ás reclamacións dos praceros.