Festas

O PP di que a climatoloxía foi a mellor das actuacións contratadas este San Froilán

By 16 Outubro, 2023No Comments
  • Dende o PP “dubidan da legalidade dalgunha operación realizada” en alusión a un contrato que se fixo in extremis para a montaxe dun escenario que se adxudicou a unha empresa das habituais que contrata a área de cultura do BNG deixando fóra a outros licitadores lucenses
  • De feito hai outras irregulariedades detectadas foron a da maquetación, edición e impresión dos programas das festas que se fixeron cun contrato que se prorrogou fóra de prazo e que se pagou con reparos de legalidade.
  • Os populares “a nivel do traballo interno” piden una maior planificación na organización do San Froilán e propoñen:
  • Pechar con máis anticipación o programa para publicitalo con tempo.
  • Que as contratacións dos concertos ou a elección de pregoeiros e oferentes queden pechados antes do mes de xuño
  • Incorporar concertos de tirón nacional ou internacional
  • Dar estabilidade á contratación das casetas para evitar que queden desertas como ocorreu este ano no que só houbo 3 das 4 previstas
  • Vázquez concluíu que “ainda que o PP abandonou a comisión porque se nos consideraba como convidados de pedra, e en vez de comisión era unha sumisión, seguiremos traballando con propostas en positivo para que este patrimonio inmaterial permaneza no tempo”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies