InfraestruturasUrbanismo

O PP di que a falta de terreos en Duquesa de Lugo provoca a resolución do contrato do  desdrobramento pendente dende hai catro anos

By 13 Novembro, 2020No Comments

O voceiro popular, Ramón Carballo asegura que “a incapacidade de Méndez de poñer a disposición da Deputación terreos para o desdobramento de Duquesa de Lugo vén de provocar a resolución do contrato da obra tras catro anos de tramitacións inservibles”

O PP di que a incompetencia e ineficacia de Méndez, incapaz en catro anos de poñer a disposición os terreos para o desdobramento de Duquesa de Lugo,  apraza outra vez máis a execución desta obra. O voceiro popular, Ramón Carballo, e o voceiro provincial, Javier Castiñeira, anunciaron que presentarán preguntas en ambas administracións para clarificar o futuro deste acceso principal de Lugo que “segue sen prazos de execución logo de que a deputación veña de resolver o contrato coa empresa adxudicataria.

Os populares manifestaron “sendo dúas administracións amigas onde goberna o PSOE e o BNG “resulta incomprensible que non haxa colaboración, eficacia e dilixencia. “Debería caerlles a cara de vergoña xa que están eternizando a execución dunha obra pola incompetencia da alcaldesa de entregar os terreos para facer esta actuación”, aclararon Carballo e Castiñeira.

Os populares queren saber “en que estado se atopa a posta a disposición dos terreos, os prazos que baralla para facer estas xestións e cales foron os problemas que tivo a alcaldesa, dende decembro de 2016, para facerse con estes solares”.

Os populares lembran como o desdobremento de Duquesa de Lugo debería levar dous meses en servizo e, coa situación actual, moito nos tememos que Méndez acabará o mandato coa obra sen facer.  “Aquí non poden botar balóns fóra e culpar de incumprimentos de prazos á Xunta”, concluian.

Dende o PP aseguran que “semella que a alcaldesa ten animadversión a mellorar os principais accesos de Lugo” lembrando que nun caso semellante está a obra da rotonda de Alfonso X coa N-VI onde tamén hai atrancos para facer a intervención porque a alcaldesa non pon a disposición do goberno de España os terreos que se precisan.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies