#ascousasdelara

O PP di que a herdanza que deixa Lara Méndez é unha profunda decepción para Lugo e os lucenses: deixa unha cidade caótica e máis empobrecida

By 9 Xaneiro, 2024Sin comentarios
  • Os populares consideran unha IRRESPONSABILIDADE que a alcaldesa SE MARCHE SEN SABER QUEN A VAI SUBSTITUÍR engadindo que preocúpanos os motivos desta decisión: improvisación, problemas internos…
  • Candia tamén foi crítica coa sumisión do BNG “é incomprensible que nesta situación de incertidume o BNG, como en todos os asuntos importantes da cidade, siga de perfil”

 

MARTES 9 DE XANEIRO DE 2024

  • A voceira popular lamenta que ata o último minuto a alcaldesa siga instaurada na actitude de faltar á verdade de forma continua “unha actitude que utiliza para intentar convertir mentiras en verdades cando a realidade é que a Xunta é a única administración que fixo os grandes investimentos en Lugo e foi a alcaldesa a que puxo trabas ou non deixou facer as obras”.
  • Candia explicou que Lara Méndez torpedeou proxectos de rehabilitación no barrio da Tinería. O último exemplo da obstaculización é que dende agosto o IGVS (Instituto Galego da Vivenda e Solo) está pendente de que respondan a un requerimento para intervir nun inmoble da Rúa Catedral.
  • A Rolda Leste foi sempre un ariete que se utilizou contra a Xunta de forma permanente ata cando tivo orzamento suficiente. Nese momento foi a primeira en opoñerse á súa construción.
  • Os lucenses tamén seguimos esperando que o concello entregue a parcela que necesita a administración autonómica para a construción do Centro de Saúde do Sagrado Corazón. Dende novembro de 2021 a alcaldesa tiña unha carta da Xunta solicitando espazo para a súa construción.
  • Seguimos esperando por unha parcela para construción de vivenda pública tan necesaria no municipio
  •  No Plan Paradai no ano 2015 a Xunta puxo en servizo a ponte paradai, cun investimento de 10 M€. Dende aquela, dende a administración autonómica, de maneira constante e reiterada, manifestou a vontade de seguir desenvolvendoo este plan, buscando solucións coordinadas co concello que respectasen o Plan Xeral. En 2020 a alcaldesa asina convenio CHMS, convenio que leva aplazando a súa execución. De feito, nunha das últimas xuntas de goberno que presidiu foi para adiar o investimento consignado para o 2023 e trasladalo ao ano 2024
  • Incumpriu un acordo que tiña co Presidente da Xunta para achegar fondos para o Museo da Romanización. A Xunta prestaba a súa colaboración para completar a porcentaxe que faltaba dando por feito que Lara Méndez conseguise dúas liñas de axuda de fondos europeos, unha denegouselle e a outra desistiu.
  •  A confrontación pola execución da praia fluvial é outro capítulo do bloqueo permanente de Méndez “ainda hoxe está máis pendente de ir aos tribunais para impugnar un informe da Xunta de Galicia que ven de ratifica o Comité Científico da UNESCO.

     

    LEGADO DECEPCIONANTE

    • Ben por falta de motivación, ou ben por falta de capacidade non foi quen de materializar e impulsar proxectos importantes para Lugo
    • A situación económica é preocupante, dilapidaron os fondos de remanentes, deixando un Concello nunha situación complicada, e por primeira vez se pedirá un crédito de 13.5 M€; tamén debido a súa mala xestión tivemos que pagar indemnización millonarias pola fábrica da luz e máis os custes do derrubamento do Garañón e a incertidume das indemnizacións ao promotor.
    • No eido medio ambiental o seu modelo sostible é un titular baleiro “fume e sen fundamento” como así se demostra con feitos obxectivos: fixeron uns proxectos estrela (edificio Impulso Verde, Caldas); non hai nin saneamento nin abastecemento no rural; o incumprimento da lei de benestar animal cunha protectora saturada en un estado lamentable ou a corta de árbores indiscriminada no casco histórico”.
    • A alcaldesa de Lugo tamén traicionou a confianza da veciñanza xa que prometeu proxectos clave como poñer en marcha o auditorio de Magoi, un novo pabillón polideportivo pero ningún se materializou.
    • A xestión urbana empeorou, con retrasos nas licenzas ou incumprento do compromiso de rexenerar o barrio da Milagrosa; tampouco foi quen de actualizar o Plan do Recinto Histórico (PEPRI)
    • Construiu un carril bici que complicou a comodidade e a vida da veciñanza de moitos barrios sen dar alternativas para aparcar
    • Os retrasos nas obras do casco histórico cunha planificación caótica que empobrece ao comercio local
    • Cobro por sorpresa as taxas das terrazas cando prometera que non se lles pasaría o recibo
    • A negativa a colocar cámaras de seguridade en zonas sensibles do municipio ou a tramitación eterna para adherirnos ao VIOGEN
    • Deixa o concello con menos persoal: afectando a servizos básicos cunha administración máis lonxe dos cidadáns, menos áxil e pouco facilitadora.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies